VISIBILIZANDO AS MULLERES E NENAS DA NOSA CONTORNA
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional da Muller", Biblioquiroga en colaboración con "Donas de Si" vai organizar unha exposición fotográfica, na que as protagonistas sexan mulleres e nenas da nosa contorna, por iso pedimos a colaboración de toda a comunidade educativa.
A actividade consiste en recompilar fotos nas que se mostren mulleres e nenas realizando algunha tarefa (no seu traballo, no instituto...), o que pretendemos é que as nosas avoas, nais, fillas, amigas, tías, primas e curmás sexan as protagonistas desta exposición que será presentada nos corredores do instituto.
Podedes mandar as vosas fotografías a:
biblioiesquiroga@gmail.com
Grazas por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario