12 feb 2021

Un mundo de científicas

 O  11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para conmemorar esta data realizouse unha actividade para visibilizar científicas de todo o mundo e de todas as épocas.

Biblioquiroga en colaboración co Proxecta "Donas de Si" colocou un mapa enfronte á entrada da biblioteca que fomos enchendo cos nomes de científicas que tiveron un papel destacable na comunidade científica e tecnolóxica, pero que en moitas ocasións os libros de texto non recollen.

Con esta actividade pretendemos visibilizar o traballo destas científicas, investigadoras e tecnólogas, e así espertar entre as nosas alumnas futuras mulleres de ciencia.






Durante todo este mes podes engadir a túa científica. Invesiga e cubre de científicas  o noso mapa.



A NOSA EXPOSICIÓN DE LIBROS VISIBILIZANDO  "MULLERES NA CIENCIA" COS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA







VIDEOS SOBRE MULLERES E CIENCIA


A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) lanza  a campaña #NoMoreMatilda, o Efecto Matilda,  que consiste en recoñecer o traballo  de mulleres científicas, investigadoras, enxeñeiras e tecnólogas que foron relegadas ao esquecemento  e  cuxas   achegas foron, moitas veces,  atribuídas aos seus compañeiros varóns.




 


 ADA LOVELACE


MARGARITA SALAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario