Biblioquiroga e a comunidade educativa do IES de Quiroga conmemora o "Día Internacional do Pobo Xitano", para iso realizouse un mural no que se mostra una pequena explicación da súa historia e dos seus símbolos.
O Día
Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril xa que ese mesmo día do
ano 1971 celebrouse en Londres o Primeiro Congreso Mundial Romaní/Xitano que
congregou a gran parte de representantes de todos os xitanos do mundo. Entre os
acordos acadados, destacou a institución da bandeira e o himno do pobo xitano.
A
BANDEIRA XITANA
“A bandeira xitana
está composta por una franxa azul e outra verde cunha roda vermella no centro.
v Azul
coma o ceo que foi o seu teito.
v Verde coma a herba, que foi o seu leito.
v E por
último a roda, igual que a bandeira da India, en recordo os seus orixes, que os
levou polo mundo adiante, é dese color en recordo do sangue derramado ao longo
das numerosas persecucións.Expresa o desexo dun mundo sen fronteiras e
simboliza o camiño dende a India e a liberdade.
O HIMNO XITANO
O himno internacional xitano “Gelemgelem”(Anduve, anduve),
compúxoo o “romá” iugoslavo Jarko Jovanovic a partir dunha canción popular
xitana dos países da Europa do leste. Os seus versos están inspirados nos
xitanos recluídos nos campos de concentración nazis durante a Segunda Guerra
Mundial.
O RECOÑECEMENTO COMO
POBO
En
febreiro de 1977 as Nacións Unidas outorgaron ao pobo xitano mundial o estatuto
de pobo sen territorio
CERIMONIA DO RÍO
O 8
de abril persoas xitanas de todo o mundo
botan pétalos de rosas ás augas dos ríos, simbolizando os moitos séculos de
itinerancia co que o pobo xitano percorreu o mundo. E acenderán as candeas que
recordan aos miles de xitanos e xitanas vítimas do holocausto nazi.
A LINGUA ROMANÓ OU ROMANÍ
A
lingua falada polos xitanos coñécese como Romaní ou Romanó, encóntrase
estreitamente relacionado co sánscrito, lingua das que derivan as linguas
indo-arias modernas. O romanó realizouse paralelamente coas linguas irmás
faladas na India no século XI. Os antepasados abandonan a India e a lingua
romanó foi influenciada por outras linguas (persa, armenio, grego bizantino, o
antigo eslavo e o rumano
LINGUA “CALÓ”
O caló é unha lingua mixta que xurdiu
do contacto entre o español eo romanó ao longo dos últimos seis séculos. O
caló, en un proceso absolutamente natural e común en todas as situacións de linguas
en contacto, ha tomado a estrutura gramatical do español e sobre ela engadiuse o
vocabulario romanó. A maior parte do
léxico caló ten unha orixe etimolóxica caló, aínda que teñen algúns prestamos
doutras linguas. O caló é unha creación colectiva dos xitanos españois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario