Estas últimas semanas do mes de decembro tiveron lugar una serie de charlas sobre “Saúde sexual” para o noso alumnado de ESO e BACHARELATO, a cargo de OTERO PIÑÁN (profesionais en
medicina e sexoloxía). Esta proposta desenvolveuse en dúas charlas (formato
charla e discusión) dentro do horario escolar, e cunha duración aproximada duns
50 minutos cada unha.
A través desta actividade procuramos:
- Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexitas.
- Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e dos demais, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais….Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.
Con este programa pretendemos a incorporación de aspectos relacionados co
autoconcepto e a autoestima, a educación afectivo-sexual e a igualdade entre
homes e mulleres e garantir o principio de igualade de trato e de non
discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero (….) no
ámbito educativo e en todos os ámbitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario