2 de mar. de 2024

VIAXE A CORUÑA.

 O pasado 28 de febreiro os Departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, xunto co Departamento de Lingua Galega, organizaron unha viaxe a Coruña.

Pola mañá visitaron o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña.

Se tedes curiosidade tamén vos por ver o que alí hai, podedes facer unha visita guiada neste enlace: CITEEC . Pódese ver que actualmente ten dez áreas de actividade diferentes relacionadas coa construcción de obra civil (Hidráulica, Mecánica de rocas, Dinámica de estructuras...)

Un dos proxectos que traballa neste ámbito é o Proxecto Saturno, Sistema de Alerta Temperá fronte a inundacións pluviais en contornas urbanas, financiado polo Misnisterio de Ciencia e Innovación, e no que, ademais de levar a cabo novos desenvolvementos técnicos relacionados coas inundacións urbanas, esté a realizarse un importante labor de divulgación e de sensibilización e concienciación pública fronte ao risco de inundación.

Preme no video para ver unha breve presentación.



O noso alumnado puido ver o traballo que se está realizando neste proxecto. Por exemplo, experimentando coas simulacións de acumulación de auga dependendo da elevación do terreo ou vendo como se estuda no tunel de choiva o comportamento de filtrado de auga de diferentes materiais para cubertas vexetais dos edificios.



Comprobando que a investigación é o paso previo para unha gran construcción civil como unha presa.


E mesmo puideron ver os mapas de simulación de inundacións para Quiroga.


Xa pola tarde tocou visita o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Para comezar  Obradoiro de Nanociencia con hidroxeles. Un mundo moi novedoso e con moitas aplicacións prácticas, por exemplo en biomedicina.




Despois visita guiada polo Museo, que certamente fíxose curta!! Haberá que volver para poder velo todo.
 

E para rematar un día moi completo, Roteiro Literario de poesía adicado a Luísa Villalta, autora a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas.
Percorreron os lugares máis emblemáticos da cidade da Coruña aos que fai referencia na súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario