14 de xan. de 2026

ENTROIDO NO IES DE QUIROGA!

Un ano máis, Biblioquiroga convoca o seu concurso de disfraces literarios. Pensa nun libro, nunha serie ou nunha película e ponte mans á obra cos disfraces! Recorda que debes anotarte na biblioteca antes do 6 de febreiro. 

13 de xan. de 2026

FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS

Dentro do Plan Proxecta de Pasaporte Solidario e, contando coa colaboración da Cruz Vermella de Lugo, levamos a cabo un obradoiro de RCP no cal participou a meirande parte do alumnado. Á par que entretido, consideramos necesaria formación neste aspecto, posto que podemos precisala en calquera momento e en calquera ámbito das nosas vidas. 

19 de dec. de 2025

Espectáculo de maxia e feitizaría para rematar o 1º trimestre!

Alumnado de valores, proxecto competencial e voluntariado da biblio, levou a cabo un espectáculo teatral de maxia no salón de actos do IES. Foi unha xornada especial xa que, entre outros, viñeron as familias a ver a representación.

18 de dec. de 2025

TEATRO AHORA MISMITOS

Antonio Blanco, despois de varios anos, visitou de novo o noso centro para interpretar un espectáculo sobre os mitos clásicos mesturados co humor. Varios alumnos/as saliron ó escenario, facéndonos pasar un rato agradable. 

17 de dec. de 2025

Xornada interxeracional no Centro de Día

Hoxe, o alumnado de Proxecto Competencial e o voluntariado de Biblioquiroga, visitou o Centro de Día para levar a cabo un espectáculo teatral de maxia e feitizaría. Foi unha xornada moi emotiva. Graciñas por abrirnos as portas! 

14 de dec. de 2025

PLEA (Plan de lectura, escritura e acceso á información).

Con motivo de mellorar a túa lectoescritura e motivarte para que a vexas como algo agradable, responde ás seguintes preguntas. Tan só che levará uns minutiños e, para o IES, é moi importante. Grazas por colaborar!

Que é o PLEA? 

O PLEA é un documento de centro que integra todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso e no tratamento da información, e tamén á comunicación do coñecemento, como apoio á adquisición das competencias clave. Os obxectivos xerais do PLEA serán os seguintes: 

a) Mellorar a competencia lectora de todo o alumnado e fomentar a lectura crítica. 

b) Mellorar a produción de textos escritos en múltiples soportes. 

c) Favorecer as alfabetizacións múltiples (a alfabetización visual, informacional e mediática) do alumnado e fomentar o uso crítico da información. 

d) Implementar e reforzar nos centros educativos estratexias desde todas as áreas, materias e ámbitos do currículo que redunden na mellora da competencia lectora, escritora e informacional. 

e) Sistematizar a práctica lectora diaria en todos os niveis das etapas de primaria e secundaria 

 f) Consolidar as bibliotecas escolares como centros de recursos en diferentes soportes para a aprendizaxe e gozo da lectura, para o desenvolvemento de habilidades na escrita e para o acceso á información. 

g) Acadar a implicación de toda a comunidade educativa para favorecer o hábito lector e o fomento da lectura, así como o gusto pola escrita e o coidado da mesma. 

h) Promover por parte dos centros educativos o uso das ferramentas de diagnose e avaliación da competencia lectora, escritora e informacional. 

Enquisa PLEA para o alumnado do IES de Quiroga

Resultados:

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Os cursos nos que imparto clase son:. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cando toca hora de ler, o alumnado: . Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: O alumnado leva a cabo:. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Nalgunha ocasión levaches a cabo unha lectura compartida entre profesor/a e alumnado?. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Consideras importante a biblioteca de aula?. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Ofreces algunha das seguintes estratexias lectoras aos alumnos/as para que acaden unha maior fluidez e comprensión? . Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cal é o xénero por excelencia que está a ler a maioría do teu alumnado?. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Na hora de ler, levas a cabo algún tipo de actividade para comprobar que o alumnado le e comprende?. Número de respuestas: 16 respuestas.

Gustaríame que a biblioteca de aula incluira outro tipo de lecturas (especifica cales). 16 respuestas
Artigos de actualidade, revistas de música, deportes, .... Series o sagas.
-
Literatura Fantástica
Biblias
.
a biblioteca xa ten libros de todo tipo
ensaios, terror, cómic
Teatro
Libros variados, cómic/manga
Poesía
Comics sobre temática histórica.
Creo que seria positivo recopilacións de relatos breves para poder ler nunha soa sesión de clase e que se fixera de forma conxunta, con lectura en alto.
Clásicos en cómic
.
gustaríame que tivese algún exemplar de todos os xéneros literarios
Unha variedades de xéneros

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Considero necesaria unha organización previa para que todo o profesorado que imparte clase nos grupos traballe na mesma dirección no que respecta á hora de ler. . Número de respuestas: 16 respuestas.