28 de nov. de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN. O PASO DO NOROESTE

 Nos corredores do instituto dende o 19 ao 26 de novembro permanecera a exposición sobre o proceso creativo do cómic O paso do noroeste, adaptación da novela de Xavier Queipo.

A exposición presenta paneis informativos sobre o proceso creativo do cómic e debuxos  das diferentes etapas da creación. A actividade remata cunha charla o 27 de novembro do ilustrador Primitivo Marcos sobre a ilustración e Castelao.















27 de nov. de 2024

ROTEIRO LITERARIO "A ESMORGA"

 O 27 de novembro a alumnado de 4º de ESO acompañados pola súa profesora de galego e un guía da Oficina de Rurismo de Ourense percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela de Eduardo Blanco Amor A esmorga, leron as placas que reproducían fragmentos desta obra.
























Concurso Portas de Nadal

 


Estes son os resultados do concurso de portas de nadal deste ano organizado pola biblioteca do IES de Quiroga. Un increíble traballo realizado polo alumnado de toda a eso e 1º bach. Aínda que o xurado o tivo moi difícil para escoller, estes foron os resultados:
1º posto: 1º bach
2º posto: 1º ESO
3º posto: 3º ESO A
4º posto: 2º ESO
5º posto: 3º ESO B
6º posto: 4º ESO B














Pasaporte solidario- Postais de Nadal. Colaboración con Cruz Vermella

 


Como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, hoxe entregáronse as postais de Nadal feitas polo alumnado da ESO IES de Quiroga. Membros de Cruz Vermella viñeron ata o IES para recollelas e poder organizar a entrega das mesmas a personas que están en situación de vulnerabilidade polo Nadal.







Pasaporte Solidario. Recollida de alimentos- Banco de alimentos Lugo

 


Onte traballadores do banco de alimentos de Lugo recolleron as donacións aportadas polo alumnado e profesorado do IES de Quiroga como parte de Plan Proxecta Pasaporte Solidario que irá destinado a personas en situacións de extrema necesidade da nosa provincia.





25 de nov. de 2024

25 N - Día Contra a Violencia de Xénero


Concurso 25 N "E ti que vas facer?"


Participación modalidade debuxo:

Aynara 2º ESO

Nerea y Ainara 1º ESO

Participación modalidade poesía:

Aliany 2º ESO


Aliany 2º ESO

Aliany 2º ESO


Isabella y Paula 3º ESO B
Charla organizada polo CIM de Quiroga para o alumnado da ESO

Esther a psicóloga e Marisa a avogada do CIM de Quiroga acudiron ao IES para dar unha charla analizando as últimas noticias e estatísticas sobre violencia de xénero. A través do debate falaron sobre que é ou non é violencia de xénero, se existe discriminación cara os homes nas leis e se realmente hai algo que poda xustificar dita violencia.



Elaboración de pancartas para a concentración

Nas horas de Educación Plástica, visual e audiovisual así como en titorías, o alumado da ESO e 1Bach elaboraron carteis con mensaxes de loita contra a violencia de xénero.




Concentración no Concello de Quiroga

O Concello de Quiroga e o CIM organizaron unha concentración na que tanto o IES como o CEIP de Quiroga participaron coas súas pancartas, leron un manifesto e gardaron un minuto de silencio polas víctimas de violencia de xénero.









Exposición da Biblioteca "Lecturas 25N"