10 de dec. de 2024

Comeza o Plan Proxecta: Fotografía en curso

 


Nesta primeira reunión explicóuselle ao alumnado participante de 3º ESO e 1º BACH en que consistirá o proxecto, que actividades se levarán a cabo e que se vai esperar deles. 
A participación e aceptación foi máxima!

Ademáis, xa se nomearon coordinadores das redes sociais do proxecto creando o Instagram de fotografía do IES de Quiroga:





5 de dec. de 2024

Entrega de premios concuros samaín e 25 N

Hoxé reuníronse na biblioteca os participantes e gañadores dos seguintes concursos organizados pola Biblioteca do IES de Quiroga:

CABAZAS POETAS SAMAÍN:

  • Gañadores: Diego, Unai e Ainara Rodríguez
  • Participantes:


CONCURSO DEBUXO, POESÍA E FOTOGRAFÍA POLO 25 N.

  • Gañadora modalidade debuxo: Aynara
  • Gañadora modalidade poesía: Aliany
  • Participantes:




 

3 de dec. de 2024

Reunión Club de lectura adultos- Un animal chamádo néboa


Hoxe reuníronse os membros do club de lectura de adultos para comentar a nobela de Ledicia Costas Un animal chamado néboa.
Todas as lectoras coincidiron en que foi una lectura que lles gustou e que recomendarían xa que aborda a II Guerra Mundial dende unha perspectiva pouco común. A través de pequenos capítulos, non soamente relata a historia dunha muller vítima dun campo de concentración e os abusos e enganos que sofre senón que aborda ás víctimas da bomba nuclear, os enganos que sufriron os transportistas da bomba atómica etc.
Unha novela que non deixa indiferente. 
Excelente elección!