O alumnado de 1º de BAC e de 4º de ESO asistiu hoxe no auditorio de Quiroga, a representación teatral "Profetas"
26 de maio de 2025
Enquisa biblioteca
ENQUISA DA BIBLIOTECA DO IES DE QUIROGA
Xa está a piques de rematar o curso, e como outros anos dende a biblioteca pedimos ao alumnado e ao profesorado que realice unha pequena enquisa para valorar o funcionamento e sobre todo mellorar de cara ao vindeiro curso.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!!!
Enquisa para alumnos e alumnas preme en alumnado.
Enquisa para profesores e profesoras preme en profesorado.
23 de maio de 2025
SEMANA DOS XEOPARQUES
Este venres 23 de maio, o IES de Quiroga para celebrar a semana dos Xeoparques Europeos, participa na reunión dos escolares da comarca organizado polo Xeoparque Montañas do Courel.
18 de maio de 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FESTIVAL E EXPOSICIÓNS
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase ás Cantareiras e á poesía popular oral. O IES de Quiroga para conmemorar esta data preparou un festival cheo de música, obras de teatro, poesía e sobre todo dunhas xeniais cantareiras de 1º de BAC.
As presentadoras do festival foron Naiara e Carla.
Abríase o festival coa actuación do grupo "SAPIENS E NEANDERTAIS" formado polo alumnado de 2º, 3 e 4º A de ESO.
Proseguía o festival coa actuación musical dun grupo de alumnos (Anxo, Hugo, Héctor e Miguel) e de Marcelo.
A continuación as alumnas e os alumnos de 1º de BAC lembráronnos a labor das mulleres tan importantes na nosa cultura, as CANTAREIRAS. Cantaron, bailaron e fixeron unha exposición sobre o Día das Letras Galegas, as cantareiras e a poesía oral tradicional.
14 de maio de 2025
POLOS CREATIVOS E VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA PREPARANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O alumnado voluntario da biblioteca a través do programa POLOS CREATIVOS, creou unhas fermosas pandereitas coa impresora 3D, para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está dedicado ás CANTAREIRAS e á poesía popular oral.
Saída Proxecta Fotografía en curso "Murais Arte do Ar"
O alumnado participante do Proxecta de Fotografía en Curso, realizou unha saída polos murais de Quiroga "Arte do Ar", para fotografialos e impulsar así a súa beleza e a súa importancia na contorna.