Este ano o Día das Letras Galegas dedícase ás Cantareiras e á poesía popular oral. O IES de Quiroga para conmemorar esta data preparou un festival cheo de música, obras de teatro, poesía e sobre todo dunhas xeniais cantareiras de 1º de BAC.
As presentadoras do festival foron Naiara e Carla.
Abríase o festival coa actuación do grupo "SAPIENS E NEANDERTAIS" formado polo alumnado de 2º, 3 e 4º A de ESO.
Proseguía o festival coa actuación musical dun grupo de alumnos (Anxo, Hugo, Héctor e Miguel) e de Marcelo.
Seguimos co monólogo de Miguel de 4º de ESO, no que fai referencia aos problemas burocráticos que ten que sufrir.
A continuación as alumnas e os alumnos de 1º de BAC lembráronnos a labor das mulleres tan importantes na nosa cultura, as CANTAREIRAS. Cantaron, bailaron e fixeron unha exposición sobre o Día das Letras Galegas, as cantareiras e a poesía oral tradicional.
E agora as obras de teatro.
4º de ESO A, representaron a obra "Artemisa, pitonisa".
O alumnado de 4º ESO B representa unha parodia moi divertida "o camarote da Carmucha" sobre as vacacións no rural galego.
O alumnado de 3º ESO A presenta unha nova versión do conto da Carapuchiña.
3º ESO B presenta unha aventura moi interesante que se desenvolve nun fermoso bosque.
O alumnado de 2º de ESO recitaron o poema de Manuel María, "A fala", onde explica o que é para el a fala.
E rematamos este festival coa interpretación dun símbolo que nos une a todos e todas como galegos, o noso himno que foi interpretado polos alumnos e alumnas de 1º de BAC , aos que se uniu o público asistente .
Ningún comentario:
Publicar un comentario