31 de out. de 2025

Concurso de cabazas poetas e decoración do Samaín!

Con motivo do Samaín, Biblioquiroga volve propoñer o concurso de cabazas poetas. Neste, a creatividade e a orixinalidade deben ir da man para que o concurso sexa un éxito!























29 de out. de 2025

OBRADOIRO DE "SENVANDALISMO"

No día de onte, o alumnado do 1º curso da ESO, iniciou o Proxecto #SenVandalismo. A base metodolóxica deste proxecto é a Aprendizaxe-Servizo (ApS), a través da cal os nenos e as nenas aprenden e investigan sobre vandalismo e a posteriori realizan unha acción social ou servicio á comunidade. O alumno/a transfórmase en "Investigador Social", adquirindo un rol de axente activo na comunidade, tendo como acompañantes neste proceso ás súas familias, docentes e ao persoal responsable de APES. 









20 de out. de 2025

ENTREVISTANDO A CAROL MARTÍNEZ

 Despois da realización do obradoiro "Malas Herbas" a nosas alumnas, Paula e Noa, entrevistaron a Carol en "Onda Brava", para coñecer algo mellor o seu traballo e a súa traxectoria.

 





17 de out. de 2025

DÍA DA MULLER RURAL. OBRADOIRO "MALAS HERBAS"

 Biblioquiroga celebrou o Dia da Mullar rural cun obradoiro "Malas Herbas". Carol Martínez deixou Barcelona para vivir ao rural. Transformou a nosa biblioteca nunha botica e ensinounos o poder curativo das plantas. Aproveitando os seus coñecementos, o noso alumnado elaborou a súa propia crema ou bálsamo.


























16 de out. de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS. ESCRIBIDE COMPAÑEIRAS!

 

Como cada ano, o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, celébrase o Día das Escritoras, esta celebración ten como obxectivo reivindicar o labor e o legado das mulleres escritoras. 





Para conmemorar esta data, o alumnado voluntario da biblioteca leo os textos seleccionados pola Asesoría da BE.










O voluntariado da biblioteca fixo unha selección de obras escritas por mulleres que expuxo na entrada do centro.





7 de out. de 2025

O alumnado de 1º da ESO coñece Biblioquiroga!

Hoxe, alumnado de 1º de bacharelato, preparou unha actividade para 1º da ESO, a cal consistiu en explicar o funcionamento básico da nosa biblioteca (Biblioquiroga). Naiara, Antía, Noelia e Noemí contáronlles as vantaxes de ser voluntarios/as, así como o xeito no que están organizados os libros e como poden atopalos. Foi unha bonita sesión formativa e de convivencia. Gracias pola vosa axuda!












3 de out. de 2025

Comeza O Club de Lectura!

Comezou o club de lectura! Hoxe, os membros do club xuvenil, tiveron a 1ª reunión para escoller o libro máis adaptado ás súas preferencias! No caso dos adultos, unha vez máis, leremos a Antía Yañez. Neste caso toca “O clan das barbies”. Comezamos! 👏🏻









“Cousas de Castelao”

Con  motivo da conmemoración do Ano Castelao, esta mañá visitamos a exposición: Castelao de “Sempre en Galiza” na Casa da Cultura de Quiroga, á cal fomos convidados/as polo Concello. 

A continuación, puidemos presenciar a obra “Cousas” a cargo da Compañía 'Os Quinquilláns', cuxa temática principal é a emigración