Ademáis da exposición literaria da temática indicada, diante da biblioteca elaborouse o mural da paz, no cal se recolleron palabras, mensaxes e debuxos en contra da violencia e a favor da Paz no mundo.
30 de xan. de 2026
Charlas “A Ponte”. “Entre lumes e apelidos anda o conto”.
Charlas “A Ponte” denominadas “Entre lumes e apelidos anda o conto”. Profesorado da USC visitou o noso centro para relacionar os conceptos de matemáticas e incendios forestais, así como para falarnos do significado dos nosos apelidos. Dúas charlas inmersas nunha soa. Foron entretidas e de aprendizaxe. #pasaportesolidario
28 de xan. de 2026
"EDUCAR EN XUSTIZA"
O departamento Lingua Castelá e Literatura deste instituto coordináronse co departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá do IES de Cosme Pérez (A Rúa) para participar conxuntamente no programa “Educar en Xustiza” promovido pola Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como no roteiro “O Ourense literario” fomentado pola Oficina Municipal de Turismo de Ourense.
A actividade foi dirixida ao alumnado de Oratoria de 3º de ESO e de 4º de
ESO, que puideron observar o uso formal que se fai da lingua acompañado da
linguaxe xestual nun contexto serio. Con ela aprendemos, por un lado, como
funciona o sistema de Xustiza en España, cales son as distintas ordes
xurisdicionais (civil, penal, social e contencioso), como se estrutura a
Administración de Xustiza, que función desempeñan nela os xuíces, os letrados,
os fiscais, os avogados, as testemuñas e os peritos, así como a doutros
funcionarios (persoal do Xulgado, médicos forenses, Forzas de Seguridade do Estado
como a Garda Civil ou a Policía, etc). Por outro lado, despois de asistir ao
desenvolvemento de xuízos de delitos leves no Xulgado de Instrución nº 1 de
Ourense o día 28 de xaneiro de 2026, aprendemos que hai que seguir uns
protocolos moi formais que van desde a roupa que deben levar xuíz, fiscal e
avogados, e que serven para identificar a cada un/unha deles, ata a lingua que
se emprega, nun rexistro formal e culto e cun léxico especializado e moi
preciso xa que a finalidade é conseguir chegar á obxectividade e a unha
resolución xusta. Tamén vimos as celas e os lugares onde se fan as roldas de
recoñecemento. A atención no Xulgado mencionado por parte do xuíz, da fiscal e
do persoal funcionario que nos atendeu foi exquisita e moi próxima. Ensináronos
os lugares máis interesantes e en todo momento resolveron as nosas dúbidas.
No roteiro literario tivemos a sorte de sermos atendidos por José Ramón
Gómez, Técnico de Turismo e Guía da Oficina Municipal de Turismo de Ourense,
que nos levou polos lugares máis emblemáticos da cidade de Ourense relacionados
cos grandes intelectuais desta provincia. A charla foi moi amena, mesmo con
referencias a músicos como Bob Dylan (premio Nobel de Literatura) e, por
suposto, Los Suaves, cuxas letras merecen ser escoitadas detidamente. Por
suposto, falounos dos grandes autores da literatura galega (Curros, Lamas
Carvajal, Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco Amor, Carlos Casares...) e do
escritor de literatura castelá José Ángel Valente. Tamén houbo mención, por
estaren relacionados con Ourense dalgunha maneira, a Xosé Luís Méndez Ferrín, a
Camilo José Cela e a Carmen Martín Gaite. En definitiva, un roteiro moi
divertido e agradable.
26 de xan. de 2026
Charlas da editorial Burlington
Johnny, da editorial Burlington, visitounos o luns para dar unhas charlas moi interesantes e dinámicas para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato e de 3º e 4º da ESO.
Na primeira charla, adicada ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato e titulada A Trip to Britain, o alumnado aprendeu curiosidades sobre a cultura británica, como por exemplo a orixe da bandeira, o diñeiro e a forma de conducir. Toda a charla amenizada con pequenos premios para respostas correctas e incluso unha chamada ao irmán do conferenciante para resolver unha pregunta.
Na segunda charla, adicada ao alumnado de 3º e 4º da ESO e titulada Global English, o alumnado aprendeu sobre os distintos lugares do mundo nos que se fala inglés. Presentado en gran medida a forma de quiz, os alumnos tiñan que adiviñar o país e logo responder a preguntas relacionadas con ese país. Ao igual que no caso anterior, houbo tamén regalos para os que responderon e unha chamada tamén para resolver unha das preguntas.
Foi unha gran experiencia xa non so por aprender sobre o mundo anglófono, senon tamén pola oportunidade de escoitar unha charla completa en inglés nativo, neste caso de Irlanda.
14 de xan. de 2026
ENTROIDO NO IES DE QUIROGA!
Un ano máis, Biblioquiroga convoca o seu concurso de disfraces literarios. Pensa nun libro, nunha serie ou nunha película e ponte mans á obra cos disfraces! Recorda que debes anotarte na biblioteca antes do 6 de febreiro.
13 de xan. de 2026
FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS
Dentro do Plan Proxecta de Pasaporte Solidario e, contando coa colaboración da Cruz Vermella de Lugo, levamos a cabo un obradoiro de RCP no cal participou a meirande parte do alumnado. Á par que entretido, consideramos necesaria formación neste aspecto, posto que podemos precisala en calquera momento e en calquera ámbito das nosas vidas.
.jpeg)
.jpeg)








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)