
A visita de Elías Portela/Knörr á nosa biblioteca o pasado venres foi un éxito, tanto entre o alumnado que asistiu como entre o profesorado. Ademais de falar da súa forma de compoñer poesía e recitar poemas seus en galego, islandés, latín vulgar, castelán e francés, non dubidou en responder ás cuestións que lle fixeron os rapaces e rapazas de BAC, bastante impresionados por este bardo que entonaba pezas en islandés con tal emoción que nos trasladaba ao mundo mítico nórdico ao momento.



Ningún comentario:
Publicar un comentario