Biblioquiroga realizou este martes diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Libro. Unha foi a lectura do “Quixote” en varios idiomas: galego, castelán, portugués, francés, inglés, chinés, alemán, ruso, italiano e latín. Agradecemos a colaboración do alumnado e do profesorado que participou nesta lectura, xa que sen a súa participación esta actividade non podería realizarse.
No seguinte enlace tedes o vídeo da lectura do "Quixote"
Por outra banda, na entrada do centro fíxose un mural no que se explicaba a orixe desta conmemoración e expoñíanse diferentes poemas, frases, citas de varios autores e autoras, invitando á comunidade educativa a completar este mural con outras citas, poesía, marcapaxinas ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario