O día 28 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da
ESO e Bacharelato desprazouse ata o Barco de Valdeorras e no teatro Lauro Olmo
tiveron a oportunidade de asistir á montaxe teatral de carácter cómico e
retranqueiro a partir de diferentes
investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende. Na obra dous membros da
LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade
de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. O obxectivo
final da actividade foi a de incitar a unha reflexión sobre determinados
aspectos relacionados coas actitudes e comportamentos ante a lingua galega con
respecto ao alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario