11 de abr. de 2021

A TÁBOA PERIÓDICA DAS ESCRITORAS

 A TÁBOA PERIÓDICA DAS ESCRITORAS

Os departamentos de linguas ( castelán, galego, francés e inglés) do IES de Quiroga en colaboración co Equipo da Biblioteca, Donas de Si e o equipo de voluntarios e voluntarias da bilbioteca, para conmemorar o Día do Libro, realizarán a táboa  para ser colocada nos corredores do centro, simulando a táboa periódica dos elementos, pero neste caso estará formada polas principais escritoras europeas.

Con este proxecto pretendemos visibilzar a moitas escritoras da literatura universal que moitas veces quedan excluidas dos libros de textos, e desta maneira a través dun traballo de investigación do alumnado damos a coñecer a súa obra.

O alumnado e o voluntariado terán que buscar información dunha autora determinada:

  • Inventarán un símbolo que estará formado pola inicial do nome en maiúscula e a inicial do apelido en minúscula. Exemplo: Xela Arias, sería Xa.
  • Indicarán a data de nacemento e de defunción da autora.
  • Realizarán un breve resumen dos apectos máis importantes do estilo e da  obra da escritora.
  • Engadirán unha cita literaria mencionando a obra a que corresponde.
  • Buscarán tres obras.
  • Seleccionarán unha imaxe desa escritora.

A cada nacionalidade asignaráselle unha cor, de modo co mural siga unha determinada distribución, asemellándose o máximo posible  á táboa periódica.

Para que exista unha homoxeneidade estética no mural, o alumnado seguirá unhas pautas determinadas.


O noso mural xa empeza a coller forma, o voluntariado da biblioteca está a traballar para ter todo listo o día 23 de abril.





















E este é o resultado final.




Ningún comentario:

Publicar un comentario