6 de abr. de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro, e para conmemorar esta data, unha personalidade coñecida mundialmente comparte as súas reflexións sobre este xénero, este ano a autora da mensaxe foi Helen Mirren, actriz de teatro, cine e televisión.



Os obxectivos do Día Mundial do Teatro son:

  • Promover o teatro en todas as súas formas arredor do mundo
  • Crear conciencia sobre o valor do teatro
  • Permitir que a comunidade teatral promova o seu traballo a gran escala, para que os gobernos e os líderes de opinión sexan conscientes do valor e a importancia do teatro en todas as súas formas, co obxectivo de obter máis apoio.
  • Gozar do teatro en todas as súas formas.
  • Compartir a alegría do teatro cos demais.

En bibliquiroga conmemoramos esta data cunha exposición de obras teatrais escritas por dramaturgas.























VISIBILIZANDO AO TEATRO ESCRITO POR DRAMATURGAS GALEGAS

Xoga a Roda das mulleres "Elas tamén escriben teatro"




Ningún comentario:

Publicar un comentario