17 de xuño de 2021

XOGO DE PISTAS POLO CENTRO ESCOLAR

Esta  actividade  de Educación Física presentouse como unha iniciación á orientación de forma lúdica e implicando a todos os Departamentos para facer un repaso do aprendido neste curso.
A actividade tivo unha duración de dúas sesións, aproveitando a primeira delas para amosarlle ao alumnado un plano do centro e un mapa do exterior (patio, pavillón...) e para explicala detidamente.
 O xogo tivo lugar na segunda sesión, comezou no pavillón que era o punto de referencia.
 Unha vez establecidos os equipos, dábaselles a cada un deles o mapa visto na sesión anterior pero nesta ocasión baleiro, soamente cun número cuberto nalgún lugar do mapa. Os/as alumn@s tiñan que determinar de que lugar do instituto se trataba (biblioteca, sala de xogos, ximnasio, patio, salón de actos, aula de plástica) e dirixirse alí (correndo ou camiñando).


Unha vez alí tiñan que atopar un sobre que estaba agochado e que contiña tres preguntas das diferentes materias (matemáticas, linguas galega, castelá, francesa e inglesa, bioloxía, física, historia, debuxo, tecnoloxía, música, educación física ...) sobre o traballado este curso. Os estudantes escribían as respostas nun folio e deixaban novamente o sobre no lugar correspondente para que o seguinte grupo puidese atopalo. (Todos os equipos tiñan os mesmos lugares, sobres e preguntas pero en diferente orden). Respondidas as preguntas, colocábaselles no mapa o segundo lugar ao que tiñan que dirirxirse, e así sucesivamente. O equipo  que atopaba todos os sobres, respondía correctamente a todas as preguntas e facía  ben as probas era o gañador/a.


Esta actividade realizouse con todos os cursos da ESO e con 1º de bacharelato. Todo o alumnado implicouse e traballou en equipo, ademais de pasalo ben, moverse e aplicar o aprendido.

  







 




Ningún comentario:

Publicar un comentario