O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O IES de Quiroga celebrou este día con diversas actividades:
- Coa creación dun mural no que fixemos a pregunta"de que cor é un lapis cor carne?" (idea de @trazos-class).
- Todos os cursos de ESO encheron o centro de mensaxes de paz escritos en sobres e pombas de cores. Tamén dcoraron as escaleiras do centro con símbolos de paz e contra a guerra.
- O voluntariado da biblioteca fixo unha exposición con libros desta temática.
- Exposición de mulleres Premio Nobel da Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario