As alumnas que elixiron a lectura de A dos metros de ti, reuníronse para comentar as súas impresións. Atodas elas gustoulle o libro aínda que comentaron que o peor foi o final por ser aberto e moitas admiten que chegaron a chorar.
Entre todas falaron do que conleva ter unha enfermidade tan grave como a fibrosis quística, a importancia do contacto coas persoas que nos rodean ou tratar de imaxinar o que é vivir nun hospital.
Como actividade, cada unha delas escribiron as 10 razóns polas cales creen que merece a pena vivir, xa que, en definitiva, a novela é un canto a querer vivir e aproveitar a vida. Entre outras razóns sinalaron: a familia, o soriso dis avós, o tempo que pasan coas súas mascotas, pasalo ben cos amigosou o deporte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario