24 de xan. de 2024

EduReferentes- Charla e Obradoiro

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de formar parte do programa EduReferentes. Por unha banda, coñeceron a Dolores Fernández Galiño, xuiza e actual valedora do pobo e a María del Mar Barcón Sánchez, Responsable Sanitaria na Clínica Segrelles e exDiputada. Ambas faláronlles dos seus empregos e como chegaron ata aí, da importancia de ter unha formación continua ao longo da súa vida e de que tomen acción na vida política (asociacións, voto, no propio centro…).

Po outra banda, no obradoiro traballaron que son as habilidades brandas, como identificar os nosos propios talentos e como desenvolver a nosa creatividade.

Dentro de pouco continuaremos coas mentorías individualizadas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario