Presentación da biblioteca ao novo alumnado por parte das voluntarias e dos voluntarios. Formación de usuarios e usuarias da biblioteca
As voluntarias da biblioteca do IES de Quiroga prepararon unha actividade moi interesante para o alumnado de 1º ESO que chegou novo ao instituto para coñecer o funcionamento da biblio.
Primeiro, explicaron as normas básicas e o funcionamento xeral da biblioteca: préstamos e devolucións dos libros, onde atopar os xogos de mesa e como utilizalos, a quen pedir axuda…
Despois, o alumnado dividiuse en diferentes grupos e cada un deles tivo que escoller un dos sobres dispoñibles de cada categoría nos que se clasifican os libros: narrativa castelá, narrativa galega, poesía, teatro… Dentro de cada sobre atoparon o nome do autor/a e o título dun dos seus libros agochado en emoticons que tiñan que descifrar e atopar. Deste xeito, o alumnado coñeceu de forma lúdica, como buscar e atopar os libros de xeito autónomo na biblioteca.
Noraboa aos gañadores e as voluntarias pola excelente actividade!
EXPOSICIÓN
As voluntarias da biblioteca realizou unha exposición con libros na que a protagonista é unha biblioteca ou unha libraría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario