17 de nov. de 2024

MES DA CIENCIA

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en Galego, unha celebración durante a cal no IES de Quiroga se desenvolven propostas diversas para fomentar o interese por este ámbito experimental entre os máis novos. 

O alumnado de 4º ESO B, 1º de BAC e o alumnado de 2ª de bacharelato de ciencias participou nunha videoconferencia con Begoña Vila Costas, astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais o dia 14 de novembro. A videoconferencia organzidada polo Enciga leva por titulo "Observando o Universo" e foi a profesora de Física a encargada de organizar esta actividade. 

En cada edición desta efeméride contouse coa colaboración dunha persoa relevante do ámbito científico en Galicia, que se encargou de escribir un texto a modo de manifesto, este ano o encergado foi Felipe Criado-Boado. Arqueólogo e director do Instituto de Ciencias  do Patrimonio do CSIC.



Ningún comentario:

Publicar un comentario