25 de feb. de 2025

Saída fotografía paseo polo río "Árboes, ceos, nubes e auga"

Hoxe o alumnado de 3º ESO e 1º Bach participante no proxecta Fotografía en Curso, realizou unha saída polo paseo fluvial de Quiroga a practicar coas súas cámaras e levar a cabo o traballo "Árbores, ceos, nubes e auga".






















 

14 de feb. de 2025

San Valentín- Casamento dos paxariños


Hoxe o alumnado celebrou o día de San Valentín escribíndose mensaxes de amor e amizade de xeito anónimo e firmándose as camisetas entre eles/as e membros da comunidade educativa.
Foi un éxito absoluto!!!











 

Exposición Biblioteca- literatura romántica



12 de feb. de 2025

Club lectura adultos- Blackwater

Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Blackwater. La riada", a primeira parte dunha saga de seis tomos. 

Houbo diferenzas de opinións, mentres a unha parte das lectoras lles entretivo e lles causou curiosidade como ía acabar a historia (lendo incluso o resto dos tomos), a outra banda pareceulles que tiña moi pouco argumento e que os personaxes eran completamente planos. En calquera caso, unh libro moi sinxelo de ler.

Ademáis decidiron as vindeiras lecturas deste trimestre:
  • Tras do ceo de Manuel Rivas
  • Detective Ferruchi de Marta Villar
+



 

11 de feb. de 2025

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 1º da ESO visitou Seceda. Foi unha xornada de convivencia co resto de escolares da zona, traballando no eido da xeoloxía e coñecendo de primeira man o espazo que nos rodea. Graciñas por invitarnos!










8 de feb. de 2025

Celia Díaz e a súa nova obra literaria!

 Celia Díaz, escritora e profesora de lingua galega e literatura, presentou a súa obra literaria “Todos Calan” na Casa da Cultura de Quiroga. Esta está ambientada na nosa contorna, plasmando fermosos lugares tales como Pena Rubias ou  A Rodela. A dita presentación asistiron membros da biblioteca e do club de lectura do IES de Quiroga.