Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Blackwater. La riada", a primeira parte dunha saga de seis tomos.
Houbo diferenzas de opinións, mentres a unha parte das lectoras lles entretivo e lles causou curiosidade como ía acabar a historia (lendo incluso o resto dos tomos), a outra banda pareceulles que tiña moi pouco argumento e que os personaxes eran completamente planos. En calquera caso, unh libro moi sinxelo de ler.
Ademáis decidiron as vindeiras lecturas deste trimestre:
- Tras do ceo de Manuel Rivas
- Detective Ferruchi de Marta Villar
Ningún comentario:
Publicar un comentario