26 de abr. de 2025

Velada literaria Arantza Portabales

 O pasado sábado membros do club de lectura de adultos do IES de Quiroga acudiron a unha nova velada literaria organizada pola Librería Agrasar que contaron unha vez máis con Arantza Portabales que presentou a súa nova novela Asasinato na casa rosa.








25 de abr. de 2025

Día das rapazas nas TIC

O Día Internacional das Rapazas nas TIC É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

O día 24 de abril de 2025 tivo lugar o Día Internacional das Rapazas nas TIC, o alumnado de 3º ESO celebrouno asistindo a unha videoconferencia do Centro de Supercomputación de Galicia!

Ás 11 da mañá celebrábase un coloquio retransmitido por streaming no que participaron 4 investigadoras e profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, e que compartiron, dun xeito ameno e polo miúdo, a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, as rapazas e rapaces enviaron as súas preguntas e inquedanzas en directo en diálogo directo con Marta Losada Estévez, Yolanda Blanco Fernández, Nadezhda Lucía Techera Salvador e Alejandra Lugilde.  




 

22 de abr. de 2025

BODEGÓNS LITERARIOS E EXPOSICIÓNS DE OBRAS

 Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, Biblioquiroga convoca un concurso de "BODEGÓNS LITERARIOS" , o alumnado escollerá un libro, do que seleccionará como mínimo 10 obxectos representativos da obra

O alumnado de 1º de ESO escolleu "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro









2º de ESO para facer o seu bodegón literario escolleu "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz




1º de BAC aproveitando que este ano é proclamado o Ano de Castelao, para conmemorar o 75 aniversario da súa morte, escolleu a súa obra de teatro "Os vellos non deben namorarse".











O bodegón literario de 2º de BAC xirou entorno a obra teatral "As alumnas"  de Paula Carballeira.



 Ademais ao alumnado voluntario da Biblioteca seleccionou unha serie de obras para facer unha exposición e conmemorar esta data














10 de abr. de 2025

Saída a Padrón

O alumnado dos cursos de 3º da ESO e de 1º de BAC, visitou a casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón. 










9 de abr. de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO: "NON DRAMATICES! (OUI SI)"

 O alumnado de 2º de ESO  participou no obradoiro de teatro "Non dramatices! (ou si)" con Artur Trillo, no que exploraron a forza expresiva da palabra a través da dramatización de diversos textos, desde poesía e a banda deseñada ata a narrativa e o texto puramente teatral. O alumnado aprendeu a dar vida ás palabras mediante a interpretación, mellorando a súa expresión oral, a confianza en escena e o seu aprezo pola literatura en diferentes xéneros.









OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO

Obradoiro de teatro radiofónico con Cristina Collazo.
Este obradoiro no que participou o alumnado de 3º de ESO consistiu en traballar sobre a radio como medio de comunicación  e expresión. Fixéronse exercicios prácticos para fomentar a boa dicción e a creatividade a hora de desenvolver un texto dramático na radio (dinámicas grupais, xogos dramáticos, técnicas para traballar a voz). Crearon unha ficción sonora e traballaron para descubrir o xeito máis adecuado de expresar as súas ideas.
















































7 de abr. de 2025

8 abril - Día do pobo xitano

Hoxe, 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano e ademais este 2025 foi declarado Ano do Pobo Xitano. Por iso, tivemos unha exposición no centro con datos relacionados co tema sinalado e, o alumnado de 1º e 2º da ESO, levou a cabo unha ximcana buscando e contestando a preguntas dos paneis. Moitas gracias á Fundación de Secretariado Xitano de Lugo.
Por outra banda, a biblioteca do IES de Quiroga fixo unha exposición polo día do pobo xitano con lecturas recomendadas que se completou con imaxes de persoas xitanas referentes que buscou o alumnado de 1º ESO.

Referentes xitanas




Ximncana pola exposición Secretariado Xitano Lugo
















 


Exposición Biblioquiroga Día do Pobo Xitano