Este obradoiro no que participou o alumnado de 3º de ESO consistiu en traballar sobre a radio como medio de comunicación e expresión. Fixéronse exercicios prácticos para fomentar a boa dicción e a creatividade a hora de desenvolver un texto dramático na radio (dinámicas grupais, xogos dramáticos, técnicas para traballar a voz). Crearon unha ficción sonora e traballaron para descubrir o xeito máis adecuado de expresar as súas ideas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario