O Día Internacional das Rapazas nas TIC É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O día 24 de abril de 2025 tivo lugar o Día Internacional das Rapazas nas TIC, o alumnado de 3º ESO celebrouno asistindo a unha videoconferencia do Centro de Supercomputación de Galicia!
Ás 11 da mañá celebrábase un coloquio retransmitido por streaming no que participaron 4 investigadoras e profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, e que compartiron, dun xeito ameno e polo miúdo, a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, as rapazas e rapaces enviaron as súas preguntas e inquedanzas en directo en diálogo directo con Marta Losada Estévez, Yolanda Blanco Fernández, Nadezhda Lucía Techera Salvador e Alejandra Lugilde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario