6 de nov. de 2025

6 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

O alumnado da ESO está a participar no Obradoiro de Convivencia impartido polo Departamento de Orientación.

Trátase dunha actividade na que reflexionan sobre a importancia de actuar con empatía e colaborar para a creación dun clima escolar respectuoso. 

Ademáis, están a coñecer o Protocolo Educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e ciberacoso escolar, unha ferramenta fundamental para garantir o seu benestar no Centro Educativo. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario