19 de feb. de 2026

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

 O 19 de febreiro o alumnado de 3º de ESO e de 4º de ESO de Física e Química realizou unha visita o parque eólico de Sotavento.


















10 de feb. de 2026

Ktorce-18: programa para a prevención de condutas infractoras e acoso escolar

A Fundación Barrié, en colaboración coa Asociación Arela, promove o programa Ktorce-18, unha iniciativa de prevención de condutas delituosas entre menores

A través deste programa abórdanse cuestións relacionadas coas condutas infractoras na vida cotiá, as situacións de risco, o acoso escolar e os malos tratos nas aulas, coa finalidade de informar, previr e concienciar ao alumnado sobre as consecuencias sociais e xurídicas destes comportamentos, de acordo coa Lei do Menor.

Co alumnado de 1º curso da ESO desenvolveuse un círculo restaurativo, concibido como un espazo de diálogo estruturado baseado nos principios da xustiza restaurativa. Este formato reúne ás persoas implicadas nun conflito para favorecer a escoita activa, a comprensión mutua e a reparación do dano, evitando a busca de culpables e promovendo, no seu lugar, solucións consensuadas. A actividade contribuíu a fomentar valores como a igualdade, a empatía e a cohesión comunitaria dentro do grupo.

Resultou fundamental para o bo desenvolvemento da experiencia a participación voluntaria do alumnado, o uso dun obxecto de palabra e a presenza de persoal cualificado encargado de facilitar e dinamizar a conversa.



9 de feb. de 2026

Charla de orientación académica da UNED de Lugo

No día de hoxe, o alumnado de 4º curso da ESO e 1º de Bacharelato participou nunha charla de orientación académica impartida por Carmen Gallego López, Coordinadora do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) da UNED de Lugo.

Durante a sesión, a relatora ofreceu información detallada sobre a oferta formativa da UNED, que inclúe graos, dobres graos, graos combinados, másteres e doutoramentos,..., así como sobre o proceso de admisión e matrícula, explicando prazos, requisitos e outras cuestións de interese. Destacou especialmente que a UNED non establece nota de corte, o que contribúe a reducir a presión asociada ás cualificacións académicas.

Así mesmo, fíxose fincapé na flexibilidade do modelo educativo da UNED e nos distintos recursos de apoio ao estudantado, como a posibilidade de realizar traslados de matrícula, solicitude de becas, convalidacións,...facilitando o acceso á formación universitaria en función das necesidades persoais e académicas do alumnado.







3 de feb. de 2026

Axudas para actividades de formación en lingua estranxeira en Bacharelato

Enlaces de interese: 

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED504B&ano=2026&numpub=1


Plan Proxecta: Quérote+

O alumnado de 3º da ESO continúa o seu proceso de aprendizaxe arredor da sexualidade. Durante o mes de decembro de 2025, traballouse a segunda ficha do programa, na que se achegaron e clarificaron diferentes conceptos relacionados con esta temática, ampliando a súa comprensión dende unha perspectiva baseada en actitudes e condutas saudables, respectuosas e responsables.

Xa no mes de xaneiro de 2026, a través da terceira ficha, incidiuse na importancia dunha convivencia harmónica entre os sexos, atendendo á diversidade existente

A sesión tivo como obxectivo principal previr e eliminar calquera tipo de discriminación vinculada á identidade e/ou á orientación sexual, favorecendo ao mesmo tempo unha mellor comprensión destes conceptos por parte do alumnado.


1 de feb. de 2026

30 de xan. de 2026

Día da Paz e da NON violencia no IES de Quiroga

Ademáis da exposición literaria da temática indicada, diante da biblioteca elaborouse o mural da paz, no cal se recolleron palabras, mensaxes e debuxos en contra da violencia e a favor da Paz no mundo. 







Charlas “A Ponte”. “Entre lumes e apelidos anda o conto”.

Charlas “A Ponte” denominadas “Entre lumes e apelidos anda o conto”. Profesorado da USC visitou o noso centro para relacionar os conceptos de matemáticas e incendios forestais, así como para falarnos do significado dos nosos apelidos. Dúas charlas inmersas nunha soa. Foron entretidas e de aprendizaxe. #pasaportesolidario









28 de xan. de 2026

"EDUCAR EN XUSTIZA"

 O departamento Lingua Castelá e Literatura deste instituto coordináronse co departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá do IES de Cosme Pérez (A Rúa) para participar conxuntamente no programa “Educar en Xustiza” promovido pola Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como no roteiro “O Ourense literario” fomentado pola Oficina Municipal de Turismo de Ourense.

A actividade foi dirixida ao alumnado de Oratoria de 3º de ESO e de 4º de ESO, que puideron observar o uso formal que se fai da lingua acompañado da linguaxe xestual nun contexto serio. Con ela aprendemos, por un lado, como funciona o sistema de Xustiza en España, cales son as distintas ordes xurisdicionais (civil, penal, social e contencioso), como se estrutura a Administración de Xustiza, que función desempeñan nela os xuíces, os letrados, os fiscais, os avogados, as testemuñas e os peritos, así como a doutros funcionarios (persoal do Xulgado, médicos forenses, Forzas de Seguridade do Estado como a Garda Civil ou a Policía, etc). Por outro lado, despois de asistir ao desenvolvemento de xuízos de delitos leves no Xulgado de Instrución nº 1 de Ourense o día 28 de xaneiro de 2026, aprendemos que hai que seguir uns protocolos moi formais que van desde a roupa que deben levar xuíz, fiscal e avogados, e que serven para identificar a cada un/unha deles, ata a lingua que se emprega, nun rexistro formal e culto e cun léxico especializado e moi preciso xa que a finalidade é conseguir chegar á obxectividade e a unha resolución xusta. Tamén vimos as celas e os lugares onde se fan as roldas de recoñecemento. A atención no Xulgado mencionado por parte do xuíz, da fiscal e do persoal funcionario que nos atendeu foi exquisita e moi próxima. Ensináronos os lugares máis interesantes e en todo momento resolveron as nosas dúbidas.

No roteiro literario tivemos a sorte de sermos atendidos por José Ramón Gómez, Técnico de Turismo e Guía da Oficina Municipal de Turismo de Ourense, que nos levou polos lugares máis emblemáticos da cidade de Ourense relacionados cos grandes intelectuais desta provincia. A charla foi moi amena, mesmo con referencias a músicos como Bob Dylan (premio Nobel de Literatura) e, por suposto, Los Suaves, cuxas letras merecen ser escoitadas detidamente. Por suposto, falounos dos grandes autores da literatura galega (Curros, Lamas Carvajal, Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco Amor, Carlos Casares...) e do escritor de literatura castelá José Ángel Valente. Tamén houbo mención, por estaren relacionados con Ourense dalgunha maneira, a Xosé Luís Méndez Ferrín, a Camilo José Cela e a Carmen Martín Gaite. En definitiva, un roteiro moi divertido e agradable.


O ROTEIRO







26 de xan. de 2026

Charlas da editorial Burlington

Johnny, da editorial Burlington, visitounos o luns para dar unhas charlas moi interesantes e dinámicas para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato e de 3º e 4º da ESO.

 

Na primeira charla, adicada ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato e titulada A Trip to Britain, o alumnado aprendeu curiosidades sobre a cultura británica, como por exemplo a orixe da bandeira, o diñeiro e a forma de conducir. Toda a charla amenizada con pequenos premios para respostas correctas e incluso unha chamada ao irmán do conferenciante para resolver unha pregunta.

 

Na segunda charla, adicada ao alumnado de 3º e 4º da ESO e titulada Global English, o alumnado aprendeu sobre os distintos lugares do mundo nos que se fala inglés. Presentado en gran medida a forma de quiz, os alumnos tiñan que adiviñar o país e logo responder a preguntas relacionadas con ese país. Ao igual que no caso anterior, houbo tamén regalos para os que responderon e unha chamada tamén para resolver unha das preguntas.

 

Foi unha gran experiencia xa non so por aprender sobre o mundo anglófono, senon tamén pola oportunidade de escoitar unha charla completa en inglés nativo, neste caso de Irlanda.






14 de xan. de 2026

ENTROIDO NO IES DE QUIROGA!

Un ano máis, Biblioquiroga convoca o seu concurso de disfraces literarios. Pensa nun libro, nunha serie ou nunha película e ponte mans á obra cos disfraces! Recorda que debes anotarte na biblioteca antes do 6 de febreiro. 






13 de xan. de 2026

FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS

Dentro do Plan Proxecta de Pasaporte Solidario e, contando coa colaboración da Cruz Vermella de Lugo, levamos a cabo un obradoiro de RCP no cal participou a meirande parte do alumnado. Á par que entretido, consideramos necesaria formación neste aspecto, posto que podemos precisala en calquera momento e en calquera ámbito das nosas vidas.