No día de hoxe, o alumnado de 4º curso da ESO e 1º de Bacharelato participou nunha charla de orientación académica impartida por Carmen Gallego López, Coordinadora do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) da UNED de Lugo.
Durante a sesión, a relatora ofreceu información detallada sobre a oferta formativa da UNED, que inclúe graos, dobres graos, graos combinados, másteres e doutoramentos,..., así como sobre o proceso de admisión e matrícula, explicando prazos, requisitos e outras cuestións de interese. Destacou especialmente que a UNED non establece nota de corte, o que contribúe a reducir a presión asociada ás cualificacións académicas.
Así mesmo, fíxose fincapé na flexibilidade do modelo educativo da UNED e nos distintos recursos de apoio ao estudantado, como a posibilidade de realizar traslados de matrícula, solicitude de becas, convalidacións,...facilitando o acceso á formación universitaria en función das necesidades persoais e académicas do alumnado.

.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario