Tras a valoración positiva da charla impartida no trimestre pasado ó alumnado de 3º e 4º da ESO, nesta ocasión a formación estivo dirixida aos grupos de 1º e 2º da ESO, adaptando os contidos á súa idade e etapa evolutiva.
Durante a sesión, trataronse temáticas como a correcta identificación de situacións que poden supoñer unha agresión sexual, analizando indicadores, condicións e sinais de alerta. Traballouse tamén a diferenza entre consentimento e sometemento, axudando ao alumnado a comprender que o consentimento debe ser libre, claro e explícito, e que calquera situación de presión, medo ou manipulación invalídao.
Outro dos aspectos clave foi a importancia de pedir axuda de maneira inmediata ante calquera situación de risco, reforzando a idea de que non están sós e que contar o que ocorre é un acto de valentía e protección.
Ademais, abordáronse conceptos moi presentes na realidade dixital actual como o sexting e a sextorsión, explicando os riscos asociados ao envío de imaxes íntimas, as posibles consecuencias legais e emocionais, e a necesidade de facer un uso responsable e seguro das redes sociais e dispositivos móbiles.
A sesión desenvolveuse nun clima de respecto e confianza, favorecendo a participación activa do alumnado e resolvendo dúbidas dun xeito claro e próximo.
Desde o centro queremos agradecer a disposición e profesionalidade de Héctor Méndez, así como a colaboración da Garda Civil de Lugo, que nos permite seguir traballando na prevención, na educación en valores e na protección do noso alumnado.
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario