27 de nov. de 2026

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA SEXUAL


Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da  Violencia contra as Mulleres, Héctor Méndez, psicólogo da Garda Civil, visitou o noso instituto para impartir unha charla dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre a prevención dos delitos sexuais.

Durante o encontro, abordáronse diferentes aspectos relacionados coa violencia sexual.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso do noso centro coa educación en igualdade, a prevención da violencia de xénero e a promoción dunha convivencia baseada no respecto, na liberdade e na tolerencia.




A BIBLIOTECA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: LIBROS PARA REFLEXIONAR E CONCIENCIAR



O alumnado voluntario da biblioteca preparou unha exposición bibliográfica centrada na violencia contra as mulleres, co gallo  da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra cada 25 de novembro.
A través esta selección quixemos dar visibilidade a unha problemática social que nos afecta a todas e todos, achegando á comunidade educativa obras que invitan á reflexión sobre a desigualdade, a violencia machista e a importancia de construír relacións baseadas no respecto e na igualdade.
Esta exposición pretende converter a lectura nunha ferramenta de sensibilización e concienciación, porque ler tamén é unha maniera de abrir os ollos, cuestionar as inxustizas e construír unha sociedade mási igualitaria e libre de violencia.
Ademais, os voluntarios e as voluntarias da biblioteca elaboraron varios murais relacionados con esta temática, nos que recolleron mensaxes de sensibilización, reflexión e rexeitamento de calquera forma de violencia contra as mulleres.








Ningún comentario:

Publicar un comentario