Coa chegada do Nadal, o noso centro pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos, co obxectivo de colaborar co Banco de Alimentos de Lugo e contribuír a axudar á persoas e familias que máis o necesitan.
Nesta ocasión, a campaña céntrase na recolllidada de pasta e arroz.
A través desta iniciativa queremos implicar a toda a comunidade educativa nunha acción solidaria.
Cada achega, por pequena que sexa, pode marcar a diferenza. Por iso, animamos a todos e todas a participar nesta campaña, lembrando que a solidariedade se constrúe con pequenos xestos e coa colaboración de todos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

Ningún comentario:
Publicar un comentario