O alumnado de 1º de BAC recibiu formación no ámbito da encuadernación.
17 de nov. de 2026
Obradoiro Ceiba Rimas para 2º da ESO!
O alumnado de 2º da ESO disfrutou do obradoiro de Ceiba Rimas (rap improvisado en galego).
Esta mañá visitounos Nervo, vocalista de Rebelión do Inframundo. Con el coñecemos un pouco máis da música urbana galega e dos artistas deste xénero que cantan en galego. Tamén puxemos en práctica as nosas habilidades improvisadoras!
Unha maneira única e divertidísima de rematar un martes.
6 de nov. de 2026
Magosto no IES!
O venres 6 de novembro, no IES de Quiroga, fixemos o noso propio San Martiño como bos/as quirogueses/as que somos! Asamos castañas e comemos bolos preñados. Viva o magosto de biblioquiroga!
5 de nov. de 2026
3 de nov. de 2026
29 de out. de 2026
O alumnado de 1º da ESO coñece a nosa biblioteca
O alumnado recén chegado dos centros adscritos para 1º da ESO, recibiu unhas "clases especiais" para coñecer o funcionamento de Biblioquiroga. Ditas clases foron impartidas polas alumnas de 1º de bacharelato.
Que aprenderon? A sinalización dos estantes, a catalogación dos libros, a búsqueda rápida dos mesmos, así como as claves precisas para facer uso do ELBE.2.
Non hai excusas para ler!
«Ler é soñar cos ollos abertos.» (Laura Gallego)
23 de out. de 2026
DÍA DAS BIBLIOTECAS: Estrelas Galegas da Ciencia
O venres 23 de outubro o IES de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas cunha actividade de animación á lectura organizada pola Biblioteca Pública de Quiroga.
Baixo o título "Estrelas galegas da ciencia", o alumnado realizou unha viaxe pola historia de grandes científicos e científicas galegas que deixaron a súa pegada ao longo do tempo. Da man do divulgador científico, Manuel Vicente García, o noso alumnado descubriu as aventuras, os achados e as peripecias destas figuras destacadas da ciencia galega.
Esta actividade, vinculada o Día das Bibliotecas, puxo de manifesto o papel das bibliotecas como espazos de encontro coa lectura, capaces de espertar a curiosidade, fomentar o pensamento científico e achegar a ciencia os rapaces e as rapazas dun xeito ameno.
22 de out. de 2026
19 de out. de 2026
DÍA DAS ESCRITORAS
Este ano celébrase o XI Día das Escritoras, unha iniciativa organizada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura.
Este ano o obxectivo é celebrar o centenario do Lyceum Club Femenino, insitutción que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artítica e pública.
Para conmemorar este día, o noso alumnado achegouse a nosa literatura a través da lectura de textos de destacadas escritoras galegas, para así, dar visibilidade ás voces femininas, que contribuíron a enriquecer o noso patrimonio literario.
Sara, Diana, Antía e Xiana leron a letra da canción de Tanxugueiras e Fillas de Casandra, Quen é a que canta?
Uxía, leu o poema " Voz das amigas", de Yolanda Castaño
Susana e Isabella leron un fragmento da obra de Marica Campo, "Memoria para Xoana".
Xiana le un fragmento de "Velloucas e Minchas", de Lorena Conde.














.jpg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)









.jpg)
.jpg)
