7 de nov. de 2018

SAMAÍN EN BIBLIOQUIROGA

Con motivo da celebración do "Samaín" en Biblioquiroga realizamos varias actividades
EXPOSICIÓN TERRORÍFICA!!!

O alumnado que forma parte do Equipo da Biblioteca realizou unha exposición de Banda Deseñada de terror


 


TERROR NA BIBLIOTECA!!!
O día 30 o Club de Lectura e Biblioquiroga decoraron a Biblioteca para poder celebrar o día 31 o Samaín.







                                






O alumnado de ESO e BACHARELATO tamén  realizou  unha serie de lecturas colectivas de lendas e poemas de terror en galego, castelán e francés.


















5 de nov. de 2018

Día das Bibliotecas Escolares



Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, Biblioquiroga realizou unha serie de actividades.


  •  A realización dunha tarxeta de felicitación para a nosa Biblioteca, na que se recollían as últimas adquisición de libros de poemas, xunto cunha exposición “moi poética” dos libros.





























  • Todo o alumnado do centro celebrou este día facendo a súas recomendacións literarias, debuxando as portadas de obras , nas diferentes linguas (castelán, galego, francés). Todas foron recollidas nun mural: "E ti que les?"


Velaquí tedes o mural colectivo de Biblioquiroga. Cal será o premiado?









19 de out. de 2018

TEMPO DE LER


Chegou o OUTONO,
caen as follas,
chove na rúa, fai moito frío,
é tempo de quedar na casa,
é tempo de lecer,
é tempo de LER.

Dende a Biblioquiroga propoñemos estas novidades. 


DESFRUTADEAS!

19 de set. de 2018

Abrimos as portas cunha chea de novidades!

Neste novo curso van mudar algunhas cousas en Biblioquiroga: agora a xefa é Chelo, profe de francés, así que xa sabedes a quen tedes que dirixirvos para facer suxestións... ;-)
Aquí quedan un par de novidades para pasar de man en man:

27 de xuño de 2018

A "nosa" biblioteca

Rematou o curso, ficou o corredor da planta baixa baleiro nos recreos... pero non sen rastro do alumnado, pois alí quedou a biblioteca interactiva que fomos enchendo todos os lectores e lectoras deste centro educativo, aos poucos, colocando cadanseu libro. Aquí tedes o resultado final desta xeira:



O lombo seleccionado como gañador de entre todos os elaborados -algúns de moitísima calidade, como veredes na imaxe- foi "Rêves amers", de Emma Casanova, alumna de 3º da ESO. Parabéns!
Moitas grazas a todas e todos por participardes nesta actividade tan creativa!


19 de xuño de 2018

As que pasean máis libros de biblioquiroga

Hoxe unha pequena representación do alumnado que participou na redacción do noso xornal anual "O Eco do Val" desprazouse a Lugo, ata a sede de El Progreso, para recoller os premios que conseguiu en Escola de Prensa. A edición de "O Eco do Val" deste curso está a piques de saír do prelo, enseguidiña o teredes nas mans...



Estas son as nosas gañadoras este ano en canto ao número de préstamos da biblioteca: Elianny Burgos (2º BAC), Cristina García (1º ESO), Emma Casanova (3º ESO), Emily González (1º BAC) e Claudia Jiménez (1º BAC).
A ver se atopamos un oco neste vertixe de fin de curso para facer a entrega de premios...

E aínda hai máis de Abril de libros, maio de letras

Pois si, fóisenos acumulando o choio, pero todo vai saíndo.
Aquí tedes como vai enchéndose a nosa biblioteca virtual coas propostas do alumnado, e os carteis elaborados polo alumnado de Plástica de distintos niveis, en relación coa película de García Berlanga, El verdugo (nestes días vótase o mellor). Tamén queda aquí o enlace ao tríptico informativo da biblioteca, que foi actualizado este curso.