2 de abr. de 2025

Pasaporte solidario- día dos bosques e día da auga

 Para conmemorar o día dos bosques e día da auga e como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO levaron a cabo dúas actividades en colaboración co Concello de Quiroga.

O alumnado de 1º e 2º ESO limpou o paseo do Río Quiroga de todo o lixo que encontraron. Desta forma fixéronse máis conscientes de manter limpo o seu propio entorno.







Por outra banda, o alumnado de 3º ESO axudou ao servizo de xardíns do Concello de Quiroga a plantar árbores autóctonas e repoñer todas aquelas que estaban dañadas.


















Semana da prensa!

O alumnado de 2º da ESO traballou a semana da prensa seleccionando noticias da provincia de Lugo e buscando nelas as partes correspondentes. 







31 de mar. de 2025

Saída a Ourense para celebrar O Día Internacional da Síndrome de Down

 O venres 28 de marzo, o alumnado de 3º da ESO viaxou a Ourense para visitar a nova sede de Down, na cal a nosa alumna Ledicia lle fixo aos seus amigos/as un magnífico percorrido das instalacións. Conmemorar deste xeito o Día Internacional da Síndrome de Down, foi unha boa experiencia, tanto para o profesorado como para o alumnado. A maiores, visitaron a Tecnópole, levando a cabo actividades de física na Aula Newton.








14 de mar. de 2025

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Como cada 8 de marzo, a biblioteca do IES de Quiroga  levou a cabo a exposición dalgúns libros que temos no centro, cuxa temática fai referencia ó feminismo, así como á invención das mulleres nos distintos ámbitos. 

A maiores e, en concordancia co Proxecta Fotografía en curso, o alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato que participa no mesmo, está a levar a cabo fotografía-retrato da súa muller referente, sendo esta unha actividade emotiva da que vos deixamos mostra a continuación. 































7 de mar. de 2025

Sempre Rosalía!




O alumnado do Proxecta de Fotografía en Curso, así como o voluntariado da biblioteca, traballou no mural adicado a Rosalía, no cal se pegaron fotografías feitas por eles/as mesmos/as sobre a natureza. A continuación escribiron poemas dos distintos libros da escritora para relacionalos coas fotografías, quedando así de vistosa a entrada do noso IES. 







ENTROIDO NO IES!

Como cada ano, a biblioteca do IES programou o entroido, levando a cabo dita celebración o venres 28 de febreiro. Neste caso, a temática dos disfraces estivo dirixida a películas e libros. Tivemos un pouco de todo e pasamos unha mañá moi divertida desfilando polo patio. O xurado estivo formado por profesorado, alumnado e persoal non docente. Resultaron premiados os seguintes grupos:

1º premio: o alumnado de 1º de bacharelato con "Bob Esponja".

2º premio: o alumnado de 3º da ESO A con "Maruxas".

3º premio: o alumnado de 3º da ESO B con "Hasta que la boda nos separe".