7 de abr. de 2025

8 abril - Día do pobo xitano

Hoxe, 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano e ademais este 2025 foi declarado Ano do Pobo Xitano. Por iso, tivemos unha exposición no centro con datos relacionados co tema sinalado e, o alumnado de 1º e 2º da ESO, levou a cabo unha ximcana buscando e contestando a preguntas dos paneis. Moitas gracias á Fundación de Secretariado Xitano de Lugo.
Por outra banda, a biblioteca do IES de Quiroga fixo unha exposición polo día do pobo xitano con lecturas recomendadas que se completou con imaxes de persoas xitanas referentes que buscou o alumnado de 1º ESO.

Referentes xitanas




Ximncana pola exposición Secretariado Xitano Lugo
















 


Exposición Biblioquiroga Día do Pobo Xitano











Xuntanza Literaria- Noela Rivas


 


Onte Noelia Rivas visitou o noso centro e tivo unha xuntanza coas alumnas de 3º da ESO do club de lectura coas que estiveron charlando sobre os temas do libro, curiosidades sobre a escrita do mesmo, como é o mundo editorial e os plans de futuro da autora. 
Ademáis Naiara e Paula acudiron á radio a facerlle unha moi divertida entrevista e aproveitamos para que a esctritora nos asinase algúns exemplares. Moitas grazas Noela pola túa visita!















4 de abr. de 2025

Biblioquiroga e a Fundación Legar

O alumnado de 2º da ESO visitou a Fundación Legar na Seara. Alí foron testigos da cantidade de instrumentos elaborados por Xavier. Foi unha actividade musical e de coñecemento do noso entorno organizada polo departamento de música coa colaboración de Biblioquiroga!















2 de abr. de 2025

Pasaporte solidario- día dos bosques e día da auga

 Para conmemorar o día dos bosques e día da auga e como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO levaron a cabo dúas actividades en colaboración co Concello de Quiroga.

O alumnado de 1º e 2º ESO limpou o paseo do Río Quiroga de todo o lixo que encontraron. Desta forma fixéronse máis conscientes de manter limpo o seu propio entorno.







Por outra banda, o alumnado de 3º ESO axudou ao servizo de xardíns do Concello de Quiroga a plantar árbores autóctonas e repoñer todas aquelas que estaban dañadas.


















Semana da prensa!

O alumnado de 2º da ESO traballou a semana da prensa seleccionando noticias da provincia de Lugo e buscando nelas as partes correspondentes.