7 de out. de 2025

O alumnado de 1º da ESO coñece Biblioquiroga!

Hoxe, alumnado de 1º de bacharelato, preparou unha actividade para 1º da ESO, a cal consistiu en explicar o funcionamento básico da nosa biblioteca (Biblioquiroga). Naiara, Antía, Noelia e Noemí contáronlles as vantaxes de ser voluntarios/as, así como o xeito no que están organizados os libros e como poden atopalos. Foi unha bonita sesión formativa e de convivencia. Gracias pola vosa axuda!












3 de out. de 2025

Comeza O Club de Lectura!

Comezou o club de lectura! Hoxe, os membros do club xuvenil, tiveron a 1ª reunión para escoller o libro máis adaptado ás súas preferencias! No caso dos adultos, unha vez máis, leremos a Antía Yañez. Neste caso toca “O clan das barbies”. Comezamos! 👏🏻









“Cousas de Castelao”

Con  motivo da conmemoración do Ano Castelao, esta mañá visitamos a exposición: Castelao de “Sempre en Galiza” na Casa da Cultura de Quiroga, á cal fomos convidados/as polo Concello. 

A continuación, puidemos presenciar a obra “Cousas” a cargo da Compañía 'Os Quinquilláns', cuxa temática principal é a emigración. 
















2 de out. de 2025

"PEITOESCURO" no IES de Quiroga


Hoxe tivemos a actividade chamada "Benvidos ó galego", na cal Rubén Gutiérrez, "Peitoescuro", visitou o noso centro para falar co alumnado da súa situación persoal. Rubén vivía en Madrid e trasladouse a Galicia. Pouco a pouco foi aprendendo o galego e trasladouno a unha das súas paixóns, a música. Para finalizar, interpretou varios temas do seu repertorio musical. Moitas grazas por vir e facernos pasar un bo rato!













Concurso de cabazas poetas!


Chegou outubro e, así, xa estamos dando voltas ó Samaín. Biblioquiroga, unha vez máis, organiza o concurso de cabazas poetas. A continuación, deixamos as bases para que vos poñades mans á obra!




Velaquí tedes as fotos das cabazas gañadoras e dos alumnos/as que as elaboraron! 










1 de out. de 2025

INTRODUCIÓN AO ENSINO EN LIÑA

 O alumnnado de 1º de ESO levou acabo un obradoiro de formación para  o aproveitamento das TIC, a formación no dixital e a utilización da aula virtual.






25 de set. de 2025

Galicia sabe amar!

No día de hoxe, levamos a cabo a primeira actividade complementaria co noso alumnado, que  puido disfrutar da experiencia   “Galicia sabe amar”, impulsada por @marxunta e@xuntagalicia

Os/as alumnos/as recibiron unha pequena charla sobre os produtos do mar e a importancia de incorporar estes á nosa dieta. Para rematar a actividades degustaron uns petiscos ben ricos e recibiron un pequeno agasallo. 

Moitas grazas á foodtrucks que nos atendeu!