11 de xuño de 2018

Remate de Abril de libros, maio de letras (II)

E tamén houbo visitas moi do mundo das letras...
Pilar García Negro falounos de Rosalía de Castro

África Sánchez fixo un obradoiro poético

Uxío Breogán Diéguez estivo para falar da memoria histórica
Selecta de Marilar Aleixandre, que tivo un encontro cos membros do Club de Lectura
(máis información no blog de Libromanía)

Remate de Abril de libros, maio de letras

Algúns exemplos do que houbo este curso nesta proposta de conmemoración conxunta do Día do Libro e do Día das Letras:
A montaxe da Biblioteca interactiva, cos lombos dos libros elaborados polo alumnado









Fiches des écrivaines francophones





A proposta "Cada ovella coa súa parella", consistía en descubrir a que obra clásica da literatura pertencía un pequeno texto...











E atopamos un oco para María Victoria Moreno e a súa obra, por suposto:

31 de maio de 2018

Ler para o mellor público

Coma sempre, tardamos en dar sinais de vida na rede... pero a nosa actividade seguiu no mes de maio. Neste enlace podedes acceder ao último biblioletín, con novidades e recomendacións.
O último que fixemos, onte, neste caso o alumnado que participa habitualmente no Club ee Lectura, dentro da proposta "Abril de libros, maio de letras", foi irlles ler aos nenos e nenas dos coles adscritos, o CEIP de San Clodio e o CEIP de Quiroga. 
Aquí tedes unha mostra en imaxes desta emocionante xornada (CEIP de San Clodio):






23 de abr. de 2018

Ler a paisaxe

Pois iso foi o que fixemos hoxe: un percorrido guiado pola contorna, aproveitando a presenza de Ramón Vila, técnico de cultura do concello, que nos ensinou a ler entre liñas a beleza da paisaxe.
Ao principio custounos... e non só polo mar de néboa...

Pero logo foi mellorando a cousa, e resultou que o territorio do proxecto de Xeoparque Courel Mountains era toda unha novela de aventuras xeolóxicas, un poema de pedra e auga, e unha epopeia humana para habitalo. 
Moitas grazas a todas e todos por virdes ler hoxe estas páxinas da memoria dos tempos.





12 de abr. de 2018

Abril, abril... libros mil!

Xa comezou unha nova edición de Abril de libros, maio de letras!!!
Polo de agora, estamos montando unha biblioteca interactiva no corredor da planta baixa, elaborando fichas de autoras do ámbito francófono e carteis cinematográficos; estas dúas últimas propostas, do Dpto de Francés e do Dpto de Plástica, respectivamente. Dá gusto colaborar en proxectos tan chulos.
Proximamente, o alumnado do Club de Lectura irá ler aos coles da contorna, esperamos que con tanto éxito como o ano pasado. 
Do concurso de "Respostas para Rosalía" quedaron gañadores: Aimar de 1º da ESO e Zaida de 3º da ESO. As dúas propostas, unha de creación propia e outra cos versos da propia autora, eran perfectas para dar resposta ao verso "E ben, para que escribo?", da autora galega máis coñecida:
Para entrar nos soños do pobo
e que soñen con estrelas
para xogar con sombras
agasallar con palabras
e criar pombas.
(Aimar Álvarez)
"Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo."
(Zaida Alves, versos de Rosalía)

E aínda que non demos conta polo miúdo del, tamén houbo este ano o xa tradicional concurso de Disfraces Literarios. Cara ao 8 de marzo montamos a exposición de materiais de lectura en relación coas mulleres, pero tamén temos outra en homenaxe a Forges (Defensa de la Lectura).

E para pechar o 2º trimestre, As aureanas viñeron representar unha versión de Las literatas de Rosalía. Foi un éxito. Moitas grazas a tod@s, especialmente á directora, Eva F. Ferreira e ás dúas "participantes" do noso centro: Luisa, profe de galego, e Ariadna, alumna de 4º da ESO.
Había máis membros da comunidade escolar no escenario... algunha nai, por exemplo.
Grazas a todas, por traer á Rosalía reivindicativa e feminista para pechar o mes de marzo.






6 de feb. de 2018

Un paseo entre viñetas e outras novas

Deu de si, a presenza de Manel Cráneo o día 30 de xaneiro: ademais do obradoiro de ilustración para o alumnado de 3º e 4º da ESO, tivo tempo para saudar á rapazada do Club de Lectura e para xantar coa sección de adultos de Libromanía -iso teredes que velo no blog de Libromanía...


Xa está de novo en activo "O Eco do Val" en Escola de Prensa. Na páxina web do centro podedes consultar os artigos do noso alumnado. 

30 de xan. de 2018

Viñetas pola paz e obradoiro de ilustración... hum...

Como xa sabedes, hoxe conmemórase o Día da Paz; no IES de Quiroga, ademais celebramos, ao igual que se veu facendo os últimos anos, o Día da Ilustración.
Para iso teremos hoxe obradoiro de Manel Cráneo "Un paseo entre viñetas", por unha parte, e a proposta "Viñetas pola paz", por outra.
Tamén lembramos a Camilo Díaz Baliño