27 de set. de 2020

PROTOCOLO DE BIBLIOQUIROGA

 NORMAS DE USO DA IBLIOTECA PARA O CUROS 2020-2021


No seguinte pdf podedes ver o plan de adaptación á situación da Covid-19 de Biblioquiroga

26 de xuño de 2020

ENQUISA BIBLIOTECAS ESCOLARES

Cando xa chegamos ao final deste curso escolar tan atípico, pedímosvos a vosa axuda para poder valorar o funcionamento da biblioteca, sempre co obxectivo de mellorar, necesitamos que cubrades a seguinte enquisa, para iso premede na imaxe.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.





20 de xuño de 2020

CONCURSOS DE BIBLIOQUIROGA

CONCURSO DESEÑA  A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Durante este curso realizamos o concurso para elixir a mascota da biblioteca. A mascota seleccionada foi a de Natalia Álvarez de 1º de ESO. 
Presentámosvos a Ourileo





PREMIOS DO CONCURSO BOOKFACE

Estas son as fotografías premiadas.
Autora:Nadira Robledo de 1º de ESO.








19 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN

 Deixámovos unha selección de libros e novidades para amenizar o voso verán, para que vivades multitude de aventuras, viaxes, misterios, historias ...
Tamén  tedes un breve resumo das actividades virtuais  realizadas durante este terceiro trimestre tan diferente.

GOZADE DO VERÁN!
GOZADE DA LECTURA!



17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. POESÍA NO IES DE QUIROGA

Como tódolos anos o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas .Este ano o autor homenaxeado será Ricardo Carballo Calero, nos imos lle rendir a nosa homenaxe acercándonos a súa poesía, recitando os seus  versos así como outros poemas doutros  poetas galegos.

Aquí tedes os videos do noso alumnado e profesorado. Agardamos que disfrutedes escoitando estes poemas,.



Natalia Álvarez recita o poema "María Siléncio" de Ricardo Carballo calero




Ignacio Gómez recita o poema "Verdadeiro poeta foi. Nom escreveu."




Nadira Robledo  recita un  poema no que Ricardo carballo Calero lembra a cidade de Compostela, desde Ferrol





"Ameite tanto esta tarde" de Pilar Pallarés na voz de Fabio.













10 de maio de 2020

PASATEMPOS DE RICARDO CARBALLO CALERO


Ímonos achegar á figura de  Ricardo Carballo Calero, historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor,  a través dunha Ruleta das palabras realizada polo equipo da Biblioteca.




Coñecendo a súa obra cunha Sopa de letras.



LEMBRANDO A RICARDO CARBALLO CALERO A TRAVÉS DA MÚSICA


Ricardo Carballo Calero é o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Imos  lembrar o noso autor a través da música.

Fanny e Alexander cantan o poema "María Siléncio", do libro Pretérito Imperfeito





Outra versión do poema de Carballo Calero  "María Silencio" de Aline Frazão e Sergio Tannus



2nda Fronteira.Carmen Penim canta o poema de Ricardo Carballo Calero, "Teño unha dor"



Ruxe-Ruxe musicou o poema "Non sei se matei" do libro Futuro Condicional