20 de abr. de 2023

Quérote +

 Que é a sexualidade? Como nos relacionamos? Como nos queremos? Querémonos ben?

Estes son algúns dos temas que se tratou Jose de Quérote + (Lugo) este xoves co alumnado de 3º da ESO.

O alumnado falou, preguntou, comentou e contrargumentou todos aqueles aspectos que lles chamaron a atención!





18 de abr. de 2023

Xornada de Portas Abertas “Coñece o Campus de Ourense”

 Un aspecto fundamental para a toma de decisións en cursos terminais como 4º da ESO ou BACH é coñecer de primeira man que son as universidades, como funcionan ou que se aprende nelas. Por iso o alumnado do IES de Quiroga de 1º de Bach e 4º da ESO acudiron ás Xornadas de Portas Abertas “Coñece o Campus de Ourense”. 

Algunhas das facultades que viron foron as de Educación, Turismo, Enxeñería informática, Enxeñería Aeronáutica, Empresariais…

Moitos deles/as viñeron moito máis motivados/as para estudar e chegar a algunha desas facultades nos vindeiros anos.












14 de abr. de 2023

Obradoiro "Había unha vez... A radio"- Soledad Felloza

 O pasado mércores o alumnado voluntario da biblioteca, club de lectura e Proxecto competencial, asistiron ao obradoiro  “Había unha vez… a radio” impartido Soledad Felloza.  


Soledad dedícase á narración oral dende hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos. Recibiu o premio europeo ao mellor conto para nenos por A cociñeira do Rei e publicou tamén La Vuelta al mundo. É tamén a Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia. O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o título De Tin Marín. É columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto. Imparte obradoiros de de teatro en centros penitenciarios e obradoiros de narración oral en centros de ensino de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Traballa na animación á lectura con moitas bibliotecas desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, así como con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa.
 
Neste obradoiro, o alumnado aprendeu a importancia de coidar a voz con algúns exercicios de quecemento, o papel da radio na actualidade e algunhas estratexias para proxectar a voz e mellorar a súa narración.
 






3 de abr. de 2023

Reto literario de marzo completado!

  Reto de marzo súper cumprido!!

No mes da poesía lemos e contamos no centro con poetas tan xeniais como Noa Moreira ou Lucía Aldao e María Lado que forman o grupo Aldaolado 

Viva a poesía!








27 de mar. de 2023

Día do teatro 27 Marzo- viaxe ao Teatro Principal Ourense

 Celebrando o día 27 de marzo, Día Mundial do Teatro o alumnado e profesorado do club de lectura, club de lectura adultos e voluntarias da biblioteca viaxaron ata Ourense a asistir no Teatro Principal de Ourense á función Un desastre de función da compañía Gargallada. Trátase dunha comedia na que xa dende o principio o público estoupou en gargalladas. Unha función que sae mal dende o comezo, un non parar de rir cando os acores e actrices olvidan o papel, lesiónanse, improvisan e onde nin sequera o mobiliario consegue estar fixo na parede!

Alumnado e profesorado disfrutou desta oportunidade, xa que para moitas delas era a primeira vez que asistían a unha obra de teatro nun teatro e incluso algunhas puideron sacarse unha foto con acores e actrices.
















23 de mar. de 2023

Na procura dun logo para a Radio na biblio!

Xa estreada a Radio na Biblio do IES de Quiroga o alumnado de 4º da ESO a través da materia de Educación Plástica deseñaron estes bocetos para o futuro logo! Todos eles están xenial!

Ademais decidiron que o nome da Radio do IES de Quiroga será: Radio Onda Brava!




22 de mar. de 2023

Actividade La bibliotecaria de Auschwitz- Existe cultura do odio?

  O alumnado do club de lectura que está a ler La bibliotecaria de Auschwitz xuntámonos para debatir en torno ao gran tema que aborda o libro: o odio.

Plantexámonos diferentes cuestións como:

Podería repetirse o Holocausto?

- Existe cultura do odio en España?

- Que consecuencias ten unha mensaxe de odio en redes sociais? E en persoa?

- Algunha vez escoitastes algún comentario de odio cara algún colectivo?

- Que podemos facer para deter este tipo de condutas?

Actividade: Análise de datos.

Entre todo o grupo buscamos e analizamos diferentes tuits de políticos e noticias de xornais sobre situacións de violencia cara diferentes colectivos (mulleres, inmigrantes, colectivo LGTBIQ+, etnia xitana, acoso escolar…) e estatísticas proporcionadas polo INE entre outros.

A conclusión á que chegamos foi que existe moitísimas condutas de odio, discriminación e violencia e que é responsabilidade de cada un axudar a frear dita situación ou contribuir a que continúe.