Prazo de inscrición: do 16 ao 26 de marzo de 2026.
A solicitude pode realizarse:
- Electrónicamente na sede da Xunta (aplicación Ciclosprobas).
- Presencialmente na secretaría dun centro público que imparta FP.
Idade mínima para participar:
- Ter 17 anos ou cumprilos no ano da proba de Grao Medio.
- Ter 19 anos ou cumprilos no ano da proba de Grao Superior.
Estas probas están pensadas para persoas que non teñen a ESO (grao medio) ou o bacharelato (grao superior).
Datas das probas
- Proba de acceso a grao superior: 29 de abril de 2026
- Proba de acceso a grao medio: 21 de maio de 2026
Estrutura das probas
Proba de grao medio:
- Parte sociolingüística
- Parte matemática
- Parte científico-técnica
Proba de grao superior:
- Parte común (linguas e matemáticas)
- Parte específica relacionada coa familia profesional á que se queira acceder.
As exencións solicítanse no momento da inscrición na proba. Se se concede a exención, non é necesario facer esa parte do exame.
Conservación de notas. Se unha persoa non supera toda a proba, pode conservar as partes aprobadas (≥5) para futuras convocatorias durante dous anos.
Mais información solicitando cita previa no Departamento de Orientación do IES e consultando o seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-formativos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2026
Ningún comentario:
Publicar un comentario