5 de mar. de 2026

Quérote+: sexualidade e benestar emocional

Onte visitounos Ana María Saavedra Arias, psicóloga de Quérote+. O alumnado do 3º curso da ESO desfrutou dunha charla de sexualidade, coa finalidade de reforzar aspectos do Plan Proxecta: Quérote+, contando coa colaboración dunha profesional do ámbito da educación afectivo-sexual. Ana puxo en valor as funcións dos centros Quérote+, achegou unha definición de sexualidade e da diversidade como valor, abordou o impacto da pornografía e dos axentes da educación sexual, a importancia do bo trato e a prevención do embarazo non planificado e ETS. 


Por outra banda, co alumno do 1º curso de Bacharelato traballouse o Benestar Emocional. Coñeceron os centros Quérote+ como centros de información e acompañamento á xuventude e ao seu benestar emocional. Asemade, recibiron información sobre as emocións e as súas funcións e tratouse de crear un espazo seguro e de reflexión no que expoñer cuestións básicas sobre as mesmas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario