29 de maio de 2026

"MENORES NIN UNHA PINGA"

 Este xoves, 28 de maio, tivo lugar no IES de Quiroga un obradoiro para o alumnado da ESO, dentro do programa "Menores nin unha pinga" da Fundación Alcol e sociedade", cuxa principal finalidade é a loita contra o consumo de alcol entre os menores de idade.

Este programa ten, principalmente, tres obxectivos:

  • Reducir o número de adolescentes que beben alcol.
  • Atrasar a idade de iniciación de consumo de alcol.
  • E procurar minimizar o consumo de alcol dos adolescentes que xa acostuman a beber.

Ningún comentario:

Publicar un comentario