O alumnado de 1º da ESO do noso IES recibiu a visita da Guardia Civil dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
Durante a sesión, impartiuse unha charla centrada no uso das TIC e nos riscos asociados ás novas tecnoloxías. O alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre cuestións como a seguridade en internet, o uso responsable das redes sociais, a protección da privacidade e a prevención de situacións de risco no ámbito dixital.
A actividade resultou moi interesante e enriquecedora, contribuíndo a promover un uso máis seguro, crítico e responsable das tecnoloxías no día a día do noso alumnado.



Ningún comentario:
Publicar un comentario