O alumnado de 4º da ESO do noso IES participou nunha charla impartida pola Guardia Civil dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
A sesión estivo centrada na prevención das condutas adictivas relacionadas cos videoxogos e coas apostas en liña. Durante a charla abordouse a clasificación destas adiccións segundo a World Health Organization (OMS), que na CIE-11 recoñece oficialmente o trastorno do xogo no caso das apostas con diñeiro —coñecido tradicionalmente como ludopatía— e o trastorno por uso de videoxogos, incluíndo ambos dentro dos trastornos debidos a comportamentos adictivos.
O alumnado puido reflexionar sobre os sinais de alerta, os riscos asociados a este tipo de hábitos e a importancia de manter un uso responsable e equilibrado do ocio dixital.
Foi unha actividade moi enriquecedora, que contribuíu a sensibilizar sobre unha realidade cada vez máis presente entre a mocidade e a fomentar hábitos saudables e responsables.



Ningún comentario:
Publicar un comentario