Con motivo do día da
Candeloria e de San Valentín a Biblioteca do IES e os proxectas do centro propoñen
ao alumnado que escriba mensaxes de amor, amizade, ánimo e afecto aos membros
da comunidade educativa.
Na entrada do
instituto teñen uns papeis nos que deixar a mensaxe e unha urna para depositalos.
O día 15 o
voluntariado da biblioteca repartirá polas aulas as mensaxes.
Animádevos a escribir
mensaxes!!!
Chegou o día de repartir as mensaxes!!!
Hoxe o alumnado voluntario da biblioteca empezou a repartir as mensaxes de amor, amizade,... Foron moitos os rapaces e rapazas, e tamén algunha docente, que as recibiron.
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O IES de Quiroga celebrou este día con diversas actividades:
Coa creación dun mural no que fixemos a pregunta"de que cor é un lapis cor carne?" (idea de @trazos-class).
Todos os cursos de ESO encheron o centro de mensaxes de paz escritos en sobres e pombas de cores. Tamén dcoraron as escaleiras do centro con símbolos de paz e contra a guerra.
O voluntariado da biblioteca fixo unha exposición con libros desta temática.
O 30 de xaneiro, data de nacemento de Castelao, celébrase O Día da Ilustración para homenaxear un ilustrador ou unha ilustradora galega, este ano reinvidicamos a figura de Reimundo Patiño, destacado debuxante, pintor e ilustrador, un pioneiro da banda deseñada.
REIMUNDO PATIÑO- Fuxan Os Ventos - O meu amor e mariñeiro, Nana para un ...
O alumnado de ESO do IES de Quiroga para conmemorar esta data realizou ilustracións sobre mulleres relevantes en diferentes camposClaudia Rodríguez, psicóloga. Debuxo feito por 3º ESO.
María Tarsy, científica. Ilustración do alumnado de 4º de ESO.
Emma Ríos, ilustradora. Ilustración feita por 1º ESO B.
Angela de la Cruz , Premio Nacional das Artes Plásticas. Traballo do alumnado de 1º ESO A
2º ESO ilustrou a biografía da psicóloga Amalia Campo Fernández
EXPOSICIÓN DE OBRAS DE ILUSTRADORAS .
O voluntariado da biblioteca realizou unha selección de obras ilustradas por mulleres, estas foron expostas no corredor xunto as ilustración feitas pola ESO.
O 11 de xaneiro celebramos o Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas e como non Biblioquiroga sumouse a esta celebración. Velaí unha mostra das rapazas e rapaces do centro lendo no tempo de lecer.