Expresar a paz nun debuxo, non sempre é doado. Para o noso alumnado, foi tarefa sinxela. Seguide sempre plasmando as vosas ideas!
1 de feb. de 2024
Debuxar a paz, tivo premio!
Expresar a paz nun debuxo, non sempre é doado. Para o noso alumnado, foi tarefa sinxela. Seguide sempre plasmando as vosas ideas!
24 de xan. de 2024
EduReferentes- Charla e Obradoiro
O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de formar parte do programa EduReferentes. Por unha banda, coñeceron a Dolores Fernández Galiño, xuiza e actual valedora do pobo e a María del Mar Barcón Sánchez, Responsable Sanitaria na Clínica Segrelles e exDiputada. Ambas faláronlles dos seus empregos e como chegaron ata aí, da importancia de ter unha formación continua ao longo da súa vida e de que tomen acción na vida política (asociacións, voto, no propio centro…).
Po outra banda, no obradoiro traballaron que son as habilidades brandas, como identificar os nosos propios talentos e como desenvolver a nosa creatividade.
Dentro de pouco continuaremos coas mentorías individualizadas!
23 de xan. de 2024
NON CHAPES OS TEUS EXAMES DEBÚXAOS. OBRADOIRO VISUAL DE "THINKING"
Para conmemorar o Día da Ilustración, o pasado 19 de xaneiro a biblioteca organizou un obradoiro de "visual thinking". A ilustradora Cristina Bravo comezou cunha breve introdución ao "visual thinking", á representación visual e ao concepto de mapa visual, para continuar coa creación dunha pequena biblioteca visual básica de recursos á que o alumnado poderá recorrer para as súas creacións e posteriormente realizou unha práctica visual-resumen para repasar e estudar os seus exames, para rematar co visionado dos resultados.
16 de xan. de 2024
30 xaneiro Día da Paz- Concurso de debuxo "Liberdade"
2 de xan. de 2024
Encontro literario con María Oruña
No nadal tampouco para a lectura! Por iso nos achegamos ata Monforte á presentación do último libro de María Oruña.
Contounos como é o seu proceso creativo, como se organiza, como escribiu “O souto dos catro ventos” e adiantounos detalles da última entrega “Los inocentes”.
Por último asinou algúns exemplares da nosa biblioteca!
24 de dec. de 2023
Postais de Nadal- Cruz Vermella
Como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, o alumnado da ESO e 1º Bach elaboraron unhas postais de Nadal para que, a través de Cruz Vermella sexan entregadas a persoas que pasan estas datas soas e que, en moitas ocasións, non reciben ningún agasallo.
Excelente traballo!





















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
