15 de xuño de 2026

Enquisa de valoración do Plan Proxecta Pasaporte Solidario

Cubre a enquisa para coñecer a túa opinión a cerca das actividades que se levaron a cabo para traballar no Plan Proxecta de Pasaporte Solidario. A continuación, establécese unha relación de ditas actividades para que recordes e observes todo o que fixeches ou todo o que fixeron os/as teus/túas compañeiros/as! Moitas gracias por colaborar. 

Enquisa Pasaporte Solidario

Ó longo de todo o curso, leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Recollida solidaria de alimentos para o Banco de Alimentos de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/recollida-de-alimentos-no-noso-ies.html

- Postales navideñas solidarias para colaborar con Cruz Vermella de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/postais-navidenas-solidarias.html

- Obradoiro de RCP impartido pola Cruz Vermella de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/01/

- 25N, mesturamos o negro co violeta: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/25-n.html

-25 N: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/12/do-tradi-o-trap.html

- Xornada intercentros educando en xustiza: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/educar-en-xustiza.html

- Xornada interxeracional no Centro de Día de Quiroga a través dun espectáculo de maxia e feitizaría: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/12/xornada-interxeracional-no-centro-de-dia.html

- Día Mundial da Síndrome de Down. Entrevista na radio e charla de concienciación impartida por Luís Manuel Enríquez, pai da nosa alumna con Síndrome de Down: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/cando-diferenza-suma.html

- Exposición itinerante de arte infantil que percorre o mundo visibilizando o xenocidio: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/heart-of-gaza.html

- Voluntariado de Biblioquiroga visitou o centro de día de San Clodio para compartir unha xornada interxeracional a través de xogos de mesa: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/xornada-interxeracional-no-centro-de.html

- Visita da escritora Xulia Alonso co seu libro "Futuro Imperfecto". A través da temática das drogas (feitos reais), Xulia contou cada detalle da súa vida, deixando en cada un de nós unha gran lección que, sen lugar a dúbida, nos enriquecerá como persoas: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/visita-da-escritora-xulia-alonso.html

 - Día do Libro en colaboración coa asociación "Save the children": https://www.blogger.com/blog/post/edit/5927804930723701475/2539627479278804713

- Día da terra: recuperación da terra queimada prantando árbores autóctonas nos montes do noso val, os cales foron queimados o verán pasado: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/recuperacion-da-terra-queimada.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/charlas-ponte-entre-lumes-e-apelidos.html

- Traballamos contra o acoso escolar e o bullying coa presenza do escritor Álex Alonso e o seu libro "Bulliyng": https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/bullying-de-alex-alonso.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/6-de-novembro-dia-internacional-contra.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/ktorce-18-programa-para-prevencion-de.html

- Con motivo do Día Internacional da Hixiene Menstrual, leváronse a cabo actividades de sensibilización e información arredor da saúde e da hixiene menstrual dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/saude-e-hixiene-menstrual.html

O alumnado da ESO do IES de Quiroga participou no obradoiro "Menores, nin unha pinga", unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Alcol e Sociedade, que ten como principal finalidade previr o consumo de alcol entre os menores de idade: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/menores-nin-unha-pinga_0165852649.html

- Lectura do noso alumnado no CEIP de Quiroga e na escola infantil da "Galiña Azul": https://www.blogger.com/blog/post/edit/5927804930723701475/6817159792244009808

A maiores, traballouse en colaboración co Proxecto Sen Vandalismo, co Plan director e co Plan Proxecta Quérote +, leváronse a cabo as seguintes actividades:

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/10/obradoiro-de-senvandalismo.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/plan-director-25n.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/plan-director-prevencion-de-delitos.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/querote-sexualidade-e-benestar-emocional.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/querote-o-amor-romantico.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/plan-proxecta-querote_01863751288.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/06/ficha-8-do-querote-hoxe-damos-clase-nos.html

11 de xuño de 2026

Visita do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES

No día de hoxe tivemos a agradable visita do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quiroga e do CEIP de San Clodio, que acudiron ao noso centro acompañados polas directoras dos seus respectivos colexios e pola orientadora educativa.

Para recibilos contamos coa inestimable colaboración de dúas alumnas voluntarias de 3º da ESO, que guiaron aos visitantes nun percorrido polas diferentes instalacións do IES, permitíndolles coñecer de primeira man os espazos que utilizarán o vindeiro curso.


O alumnado contou cunha charla de orientación académica, adaptada a este importante momento de transición entre a Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria. Durante a sesión tamén se lles entregou un tríptico informativo con datos de interese para as familias, relacionado co funcionamento do centro, as características da etapa educativa, os canles de comunicación e coordinación co instituto, entre outros aspectos relevantes.

As alumnas e alumnos visitates desfrutaron dun tempo de lecer durante o recreo, compartindo espazos cos que serán os seus novos compañeiros e compañeiras o próximo curso, favorecendo así unha primeira toma de contacto coa comunidade educativa do IES.

Como peche da xornada, desde a Biblioteca do centro fíxoselles entrega dun agasallo moi especial de benvida: un marcapáxinas de madeira personalizado co seu nome gravado.




Foi un verdadeiro pracer contar coa vosa visita. Agardámosvos moi pronto e desexámosvos un excelente remate de curso!

10 de xuño de 2026

Charla de sensibilización sobre seguridade viaria

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Seguridade Viaria, o 10 de xuño o alumnado da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla impartida por Félix, formador en seguridade viaria da asociación AESLEME.


Ao longo da sesión abordáronse cuestións fundamentais relacionadas coa seguridade na condución e na mobilidade, facendo especial fincapé na importancia da prevención e na necesidade de adoptar comportamentos responsables tanto para protexer a nosa propia seguridade como a das persoas que nos rodean.

Tamén se reflexionou sobre as posibles consecuencias dos accidentes de tráfico, desde lesións de diversa gravidade ata a perda da vida, incidindo na importancia da concienciación e da toma de decisións seguras no día a día.

A actividade resultou de gran interese tanto para o alumnado como para o profesorado, que participou activamente e valorou moi positivamente a experiencia. A charla tivo unha excelente acollida e confiamos en que as aprendizaxes e reflexións compartidas durante esta xornada perduren no tempo, contribuíndo a fomentar hábitos seguros e responsables entre os nosos rapaces e rapazas.

Agradecemos a Félix e a AESLEME a súa visita e o importante labor de sensibilización que realizan a favor dunha mobilidade máis segura para todas e todos.

8 de xuño de 2026

"Escarlatina, a cociñeira defunta"

O departamento de galego, en colaboración con Biblioquiroga, puxo como lectura obrigatoria do 3º trimestre, no 1º curso da ESO, o libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta". Como traballo da lectura, o alumnado elaborou uns postres terroríficos convidando ao profesorado que lle imparte clase. Desta actividade xurdiu un xantar de convivencia entre profesorado e alumnado. Os primeiros puxeron a parte salgada e a rapazada sorprendeu con terroríficos doces. 















Contos clásicos en Disney!

Alá polo mes de marzo, un grupo formado por 32 alumnos/as e 3 profesoras, decidiron embarcarse cara París. O día que visitaron Diney, descubriron  o mundo dos contos cásicos. Fixeron fotos porque, hai cousas na vida, que non poden pasar desapercibidas. 






Lectura no CEIP de Quiroga e na escola infantil da"Galiña Azul"

Como se leva facendo nos últimos anos, a rapazada do IES de Quiroga prepara lecturas para, posteriormente, contalas aos nenos e nenas do cole. Este ano, como novidade, van ler tamén na escola infantil. Para elo empregan o kamishibai e, despois da lectura, levan a cabo pequenas actividades que serven para adquirir o contido das mesmas e para interactuar cos máis pequenos. #pasaportesolidario













5 de xuño de 2026

Ficha 8 do Quérote +: Hoxe damos a clase nós

Esta semana puxemos o broche final ao programa Quérote+ coa actividade “Hoxe damos a clase nós”, unha proposta que permitiu ao alumnado de 3º da ESO converterse en protagonista e transmisor dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.


O principal obxectivo desta sesión foi consolidar as aprendizaxes traballadas nas diferentes fichas do programa, favorecendo a reflexión sobre a importancia de comunicar información de maneira clara, respectuosa e axeitada aos iguais. Ademais, buscouse potenciar a confianza do alumnado, a súa capacidade de expresión oral e o seu papel como referente positivo dentro da comunidade educativa.

Para iso, organizados en parellas ou tríos, os estudantes prepararon presentacións sobre distintos temas abordados durante o programa. Posteriormente, compartiron estes contidos co alumnado de 2º da ESO, exercendo por un día como docentes e trasladando aos seus compañeiros e compañeiras os coñecementos e reflexións adquiridos.

A experiencia resultou moi enriquecedora para todos os participantes. O alumnado implicouse na elaboración de materiais creativos e atractivos, empregando diferentes ferramentas dixitais e demostrando unha gran capacidade para comunicar ideas de interese para os seus iguais. Esta actividade permitiu, ademais, reforzar a aprendizaxe entre iguais, fomentando a participación activa e o intercambio de experiencias dentro do centro educativo.